Site icon Crónica3.com A Mariña

Carta a Rosa Díez

Fai uns días Rosa Díez cando lle preguntaron por José Luís Rodríguez Zapatero contestou dicindo que “Podía ser gallego, en el sentido más peyorativo del término”.

Eu sempre lle tiven respecto a Rosa Díez e incluso lle recoñezo certo mérito no seu posicionamento e firmeza política.

Pero nesta declaración que fixo debo dicir que se equivocou por completo e ademais estivo moi desafortunada.

Por si ela non o sabe, os Galegos, en xeral, somos persoas honradas. Non se coñecen moitos casos de corrupcións, nin de irregularidades, cometidas por galegos.

Os Galegos somos un pobo traballador. Alí onde fomos (e mira que emigramos os Galegos) sempre deixamos o pavillón alto. E os Galegos que foron con posteridade encontraron as portas abertas grazas ao traballo que fixeran os seus veciños.

Os Galegos somos xente de palabra. Ainda hoxe moitos tratos e acordos péchanse con un apertón de mans. Xesto que para a maioría dos Galegos e mais importante que calquera contrato firmado. Pois a palabra e honorabilidade e sagrada para nos.

Os Galegos querémoslle a nosa terra. E alí onde fomos caracterizóusenos pola nosa morriña, que tratamos de combater fundando Centros Galegos. Lugares de reunión e espallamento da cultura galega por todo o mundo.

Os Galegos sempre respectamos as demais nacionalidades de España e mesmo do mundo. E podemos dicir sen medo a equivocarnos que somos tan acolledores como os que mais.

Eu son galego, síntome realmente orgulloso de ser galego, e cando viaxo presumo de ser galego, en todos os sentidos da palabra. Para min non hai nada pexorativo en ser galego.

Non creo que se poda molestar José Luís Rodríguez Zapatero en que o traten de Galego. Todo o contrario, penso que debe de ser un orgullo para él.

A mín tampouco me molestou Rosa Díez con ese comentario. Demostrou que non ten a suficiente catadura moral para me molestar.

O que si demostrou e a crase de política que é. Unha  persoa clasista e que despreza a parte dos seus concidadáns. Unha persoa que politicamente ten pouco futuro, pois con estas declaracións quitouse a careta.

Eu son galego e demócrata. Respecto a todas as persoas, e o meu faro luce e alumea para todos, sexan de onde sexan.

Exit mobile version