Site icon Crónica3.com A Mariña

Chócalle ao BNG de Barreiros a participación do portavoz de INDEBA na adxudicación da redacción do PXOM

NOTA DE PRENSA (FNC):

O BNG TILDA DE PECULIAR A PARTICIPACIÓN DO PORTAVOZ DE INDEBA NA MESA DE CONTRATACIÓN NA QUE SE ADXUDICOU A REDACCIÓN DO PXOM DE BARREIROS. OS NACIONALISTAS PIDEN COPIA DA ACTA PARA SABER QUÉ OCORREU.

Barreiros, 12 de febreiro de 2010. O BNG tilda de peculiar e estrana a participación do portavoz de INDEBA na mesa de contratación na que se adxudicou a redacción do PXOM de Barreiros. Os nacionalistas piden por escrito copia da acta para saber qué ocorreu exactamente.

O portavoz do BNG en Barreiros, Antonio Veiga dixo que “nos sorprendeu bastante escoitar no último pleno de xaneiro en boca do alcalde que na mesa de contratación na que se adxudicou a redacción do PXOM por importe de 190.000 euros participase, ademáis do alcalde, da secretaria, da arquitecta municipal e dun técnico da Xunta, o concelleiro e portavoz de INDEBA, Francisco Damián Pérez. O rexedor dixo que asistiu en calidade de técnico, de aparellador, pero para nós é bastante estrano este proceder dado que un grupo da oposición tería máis información que os outros, un grupo da Corporación tería acceso a unha información que o resto non temos”.

Desde o BNG anunciaron que “imos demandarlle ao alcalde por escrito que nos dea copia da acta desa mesa de contratación para ver o que alí ocorreu. É un caso moi peculiar que se admitira en dita mesa ao portavoz dun grupo político da oposición, en teoría da oposición ainda que xa non sabemos si é así ou non, pero isto ténse que explicar e non imos permanecer calados si con esto se están tentando outras cousas e non o servizo xeral en beneficio de todos”.

Exit mobile version