Site icon Crónica3.com A Mariña

O silencio da Comisión

O porque deste silencio: Un, porque somos responsables. Dous, porque así o dixemos na xuntanza que tivemos o día 9-7-2009 na Consellería de Sanidade en Compostela, con representantes de dita consellería e, onde se acordou de esperar a Decembro ou Xaneiro, para que nese tempo fixeran un estudo e, despois falariamos, desta reivindicación que tanto tempo levamos pedindo.

Temos que dicir que as persoas da comisión que estabamos alí, non estabamos de acordo con ese estudo, dado que non ven de hai catro días e, ademais durante catro anos que estiveron na oposición, dixérono moitas veces, e reclamáronllo o goberno que puxeran un servizo medico de urxencias as 24 horas no centro de Saúde de Foz.

Pero respectamos a súa decisión e, como décimos o principio gardamos silencio, soamente mantemos as concentracións os primeiros sábado de mes.

Hoxe saímos os medios de comunicación, dado que pasou Decembro e Xaneiro e, como queda demostrado, outra vez mais, esta xente non cumpre cos seos compromisos.

Que pasa co P.P. de Foz, porque non se pon en contacto coa Comisión, saen na prensa dicindo que apoian a nosa reivindicación, esperamos que así sexa.

Sentimos moito a morte de Carmen, como persoa e, tamén como compañeira na Comisión, na que estaba en representación do P.P. de Foz, non poidamos tampouco olvidar a Angel Cao que ata a súa dimisión sempre nos mantivo informados, hoxe este partido esta rexido por unha xestora, pero non cremos que esa sexa unha desculpa.

Aínda así esperabamos máis e, sobre todo do Sr. Balseiro Deputado pola Mariña e pregoeiro durante catro anos da nosa reivindicación.

Unha vez máis teremos que actuar en consecuencia e dar o primeiro paso e falar con eles, pero a critica vai por diante e, aplicarémoslle o que un veciño de Marzan dixo cando o foi buscar a Garda Civil para detelo por non acatar una orde da Alcaldía, pois cando rematou de explicarse e o levaron para o calabozo, dende dentro díxolles os gardas, díganlle o Sr. Alcalde, que detrás deste Torbón aínda poden vir chuvascos.

A Comisión tamén lles vai aplicar outro parecido, un dito moi antigo como advertencia, a esta xente que se pasa as cousas polo forro da chaqueta, polo tanto dicímoslles QUE ROMA NON PAGA A TRAIDORES, tómeno como lles apeteza.

Cremos que se debe cumprir coa palabra dada e, esta non dita unha vez senón moitas veces e por varias persoas nos medios de comunicación e no Parlamento de Galiza, estas palabras foron, así de claras, si o Partido Popular goberna, Foz contara con un servizo medico de urxencias as 24 horas no centro de Saúde de Foz.
Comisión en Defensa da Sanidade Pública de Foz

Exit mobile version