Site icon Crónica3.com A Mariña

Cre o PP de Burela que “o alcalde non quere molestar ó goberno de Zapatero”

NOTA DE PRENSA

O GMPP: o alcalde está de acordo en que Zapatero perxudique a Burela.

Os populares denuncian que o alcalde non é capaz de defender os intereses de Burela.

Afirman que Llano non se interesou nin pouco nin moito polo separativo de pluviais.

O PP de Burela afirmou que o alcalde demostrou no pleno celebrado o paado xoves que está totalmente de acordo en que Zapatero retrase o pago ó concello do segundo prazo do Plan E, que o concello asuma a subida do IVE nas facturas do Plano E-2010 que se emitan a partires do un de Xullo, e que Zapatero nos “trinque” cento corenta e dous mil euros dos tributos do Estado que Burela deixará de recibir.

Para os populares, esta postura, compartida por todo o bipartito burelés,demostra que o alcalde está facendo unha política partidista e de sumisión ó goberno central, co apoio entusiasta do BNG xa que Nieves Cando semella máis un membro activo do PSOE, lonxe das súas posturas de hai tres anos.

Deste xeito, Zapatero ainda lle adebeda ó  concello 380.000’00€ do Plano E de 2009, e pagará o segundo prazo do de este ano cando queira. Así, o Concello pode verse na obriga de ter que poñer dos seus fondos propios hasta 17.000’00€ polo incremento do IVE, e así perderemos este ano 142.000’00€ do Estado.E todo coa conformidade do alcalde e do bipartito, que non queren defender os intereses de todos os veciños deste concello.

E esto é así, porque o alcalde non quere “molestar” ó goberno de Zapatero. Pero en cambio está mui combativo e buscando enfrontamentos coa Xunta. Así, está empeñado en que a Xunta lle faiga unha obra pola que el, o alcalde, non se preocupou para nada nos últimos meses, e nin tan siquera lle fixo ningún comentario á Delegada Territorial nas visitas que esta realizou a Burela recentemente. Proxecto que el dixo que presentara na Xunta en 2008 pero o certo é que o “deixou alí” nove días despois de que o PP gañara as eleccions autonómicas, o que demostra que este home non é de fiar. A nosa postura foi a da abstención, porque xa haberá oportunidade de volver a falar deste proxecto, e porque o alcalde non demostra tampouco interés por el, dada a súa nula xestión ó respecto.

Por último, indicar que o PP votou a favor da volta das autopsias a Burela, porque somos coherentes co que dixemos sempre. En cambio, o bipartito, que tentaba buscar o voto en contra do PP, deberá dar explicacións de por que non deixou dotada a carteira de forenses para toda a provincia, motivo polo que as autopsias tiveron que ir para Lugo de novo. Reiteramos que o bipartito burelés chega tarde con este asunto, a remolque dunha pregunta formulada polo PP no Parlamento Galego. Ademais, resulta chamativo que aquí se queira que as cousas se faigan xa, e en cambio se neguen a demandar do goberno do Estado e de Zapatero os cartos que nos corresponden a todos os veciños de Burela.

Exit mobile version