Site icon Crónica3.com A Mariña

Explica o BNG de Cervo que a axuda concedida por Benestar Social da Deputación para o PAI triplica a concedida pola Consellaría do PP

Nota de Prensa

A HIPOCRISIA POLÍTICA DO PP COAS AXUDAS DE BENESTAR SOCIAL NON TEN LÍMITES

A axuda concedida pola Área de Benestar social da Deputación para o PAI triplica a concedida pola Consellaría do ramo gobernada polo PP para o mesmo fin.

Os nacionalistas lembran que a axuda da Xunta o ano pasado para o PAI superaba en mais de 2.000 euros a concedida este ano polo goberno amigo

Cervo, 2 de febreiro de 2010. O BNG de Cervo non sae do seu asombro ao ver como o PP manipula os datos en relación ás axudas da Área de Benestar Social da Deputación xestionada pola nacionalista, Mª Xosé Vega. O BNG saíu ao paso das falsas acusacións de un suposto afogo por parte de áreas de goberno nacionalista tanto no anterior goberno da Xunta como na Deputación.  O PP saca as cifras das axudas concedidas por áreas de goberno do BNG, mais agocha as concedidas pola Consellaría de Benestar en mans do Partido Popular polo que os nacionalistas aclararon que a axuda concedida pola área de Benestar social da Deputación para o PAI, triplica a concedida pola Consellaría de Benestar para o mesmo fin que incluso e inferior en mais de 2.000 euros á resolta o ano pasado mentres Quintana era Vicepresidente do goberno galego.

Mentres a Deputación concede ao PAI de Cervo 35.421,08 euros a Xunta quédase en 11.835,73 cantidade que tamén e inferior á concedida polo anterior goberno galego.

O BNG cualificou como  ”hipocrisía sen límites” a actitude do PP de Cervo en relación ás axudas da Area de Benestar Social da Deputación  que xestiona a nacionalista Mª Xosé Vega. O portavoz< municipal do BNG, Xoán Antón Estúa acusou ao PP de degradar a vida política con mentiras e falsidades sen fundamento na súa obsesión coa Deputación, “o PP antes utilizaba o concello para confrontar coa Xunta, agora fai o mesmo coa Deputación”. Estúa acusou aos representantes do PP de Cervo de manipular a realidade xa que a axuda de Benestar Social da Deputación para o PAI e mais de tres veces superior á concedida pola Xunta, concretamente 35.421 euros da Deputación por 11.835 da Xunta, unha cifra que nin sequera chega aos mais de 13.000 que a anterior Vicepresidencia de Igualdade e Benestar concedera en 2008. Estúa ademais negou que fose o PP  quen no 2002 tomou a iniciativa de poñer en marcha o PAI en Cervo xa que a posta en funcionamento deste servizo debeuse á aprobación dunha moción do BNG aprobada por unanimidade que instaba á creación dunha gardería, un servizo con moitas maiores prestacións que o actual PAI. O nacionalista ademais lembrou que o goberno local tivo que retirar o ano pasado o cobro de taxas por este servizo grazas ao aportado pola Area de Benestar da Deputación, “agardamos que o PP non estea pensando en volver a cobrar este ano”.

O PP no canto de utilizar os fondos do Plan Concertado da Xunta en benestar gástaos en maquetas de autobombo e propaganda.

Os nacionalistas acusaron ao PP de dilapidar o diñeiro do Plan Concertado que os concellos asinan tódolos anos coa Xunta para atender servizos sociais de competencia municipal en maquetas para o autobombo e a propaganda electoral. Neste sentido insistiron en que o PP tanto na Xunta como no concello pretenden facer unha gran campaña a cargo dun diñeiro que debería estar dedicado á atención das persoas maiores e non para que o alcalde e a conselleira se luzan coa exposición da maqueta dun Centro de Día e Residencia que non se sabe cando e como se vai financiar e tampouco aclaran si a súa xestión vai ser pública ou privada tal como están propoñendo coa de Viveiro. Estúa retou a Vilares a que explique cando e con que fondos se vai financiar esta obra e cal va ser o modelo de xestión.

Os nacionalistas insisten en que ao PP só lles importan as persoas maiores como negocio e mercadoría lectoral.

O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, insistiu na demanda da posta en marcha dun servizo profesionalizado e unha programación de actividades estábeis durante todo o ano con cargo ao aforro de 100.000 euros que vai ter o concello ao cargar no FEESL os gastos municipais de educación. O nacionalista detectou incomprensión por parte do goberno local no que ten que ser a asistencia social ás persoas maiores, “a máxima do goberno parece ser non crear necesidades, para non ter demanda”, en referencia ao discurso da concelleira de Asuntos Sociais que “da por suficientes as partidas de tute e parchís  ou o xantar anual do 1º de maio”.

Exit mobile version