Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeración do PP organiza en Ribadeo unha xordana para analizar a situación económica

NOTA DE PRENSA
Novas Xeracións organiza en Ribadeo unha xornada de traballo para analizar a situación dos sectores agro-gandeiro, pesqueiro, industrial e comercial

Ribadeo, 24 de febreiro de 2010.- Novas Xeracións organizará o vindeiro sábado, día 27, unha xornada de traballo na que se analizarán asuntos de relevancia para a comarca da Mariña no eido do sector agro-gandeiro, pesqueiro, industrial e servizos en xeral.

O encontro, que será clausurado polo Presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro, desenvolverase no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo. A senadora María del Carmen Gueimunde será a encargada de proceder á presentación do acto ás 11:30 horas. A presidenta da Comisión de Agricultura, Gandeiría e Montes do Parlamento de Galicia Emma Alvarez será a ponente da primeira mesa de traballo que estará relacionada co Medio Rural.

José Manuel Balseiro, voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, falará a continuación dos asuntos relacionados co sector pesqueiro. Ás 12:15 horas retomarase a actividade tras un pequeno descanso centrando a atención na economía. Cristina Ares, concelleira do PP en Lugo e vicesecretaria-voceira do comité executivo do PP lucense será a ponente neste asunto.

Na mesa de traballo adicada ó comercio, coa que se pechará o encontro, o ponente será José Carlos Rodríguez Andina, que era alcalde de Ribadeo cando se impulso o Centro Comercial Aberto e que é xefe territorial de Cultura.

Exit mobile version