Site icon Crónica3.com A Mariña

O 23 de febreiro comezan os V Foros permanentes para as mulleres en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- O 23 de febreiro comezan nas Anzas e en Ove os V Foros Permanentes para as Mulleres. Nas vindeiras semanas desenvolveranse catro obradoiros: memoria, técnicas para prever a depresión, intelixencia emocional e saúde e risoterapia.

A concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “os foros son unha serie de charlas, unha serie de talleres relacionados coa saúde, pero sobre todo con aqueles temas que nos poden axudar a levar a nosa vida mellor, algo que influirá positivamente en nós, na nosa relación cos demáis e tamén na nosa maneira de afrontar os nosos problemas”.

A edil nacionalista engadiu que “a filosofía destes V Foros é a mesma de sempre, pero este ano introducimos unha novidade. Primeiro comenzaron a ser charlas e talleres dun día de duración, pero nesta edición van ser un pouco máis prácticos entón compaxinaremos talleres que só se celebren durante unha tarde con outros que se durarán 3 ou 4 días. Os talleres e as charlas vánse desenvolver por todo o noso concello e despois continuaremos en setembro cos que nos queden pendentes agora”. Álvarez Lastra explicou que “calquera persoa que desexe participar o único que ten que facer é informarse das datas chamar ao CIM ao 982 120 739 ou poñerse en contacto con aquela muller que teñen de referencia porque pertence ao Consello Municipal. Os talleres son abertos a todo o mundo, totalmente gratuítos e a nós o que nos interesa é que participe canto máis xente mellor”.

O día 23 de febreiro na Escola das Anzas comeza o taller de memoria que seguirá os días 2, 9 e 16 de marzo. Será de 15:30 a 17:30 horas. Nas mesmas datas 23 de febreiro, 2, 9 e 16 de marzo na Escola de Ove terá lugar o taller de técnicas para prever a depresión. O horario será de 18 a 20 horas. A Escola de Vilaosende será escenario os días 25 de febreiro, 4, 11 e 18 de marzo do obradoiro de intelixencia emocional e saúde que será impartido de 16 a 18 horas.

O obradoiro de risoterapia terá lugar o día 3 de marzo de 16:30 a 18:30 horas na Escola de Rinlo e de 19 a 21 horas na Escola de Vilaselán. O 11 de marzo chegará á Escola de Remourelle de 20:30 a 22:30 horas. O 16 de marzo será na Casa da Xuventude de Ribadeo se 19 a 21 horas e o 17 de marzo na Escola de Couxela de 19 a 21 horas.

Os V Foros Permanentes para as Mulleres foron presentados este mediodía nun acto que se desenvolveu no Concello de Ribadeo.

Exit mobile version