Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Artesanía e Deseño facilita aos artesáns 7 variedades de vimbio únicas en Galicia

LUGO .- O Centro de Artesanía (CENTRAD), dependente da Deputación,facilitará ós artesáns 7 variedades de vimbio únicas en Galicia. No CENTRAD estase celebrando un obradoiro pioneiro en Galicia sobre a poda, talla, e clasificación de vimbio.

Nota de Prensa

O Centro de Artesanía e Deseño facilita ós artesáns 7 variedades de vimbio únicas en Galicia

O CENTRAD celebra unha xornada pioneira na Comunidade sobre a poda, talla,

e clasificación deste arbusto

O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, celebra dende este luns e ata o venres, un obradoiro pioneiro en Galicia sobre a poda, talla, e clasificación de vimbio. É unha xornada na que os artesáns aprenden a tratar este arbusto para logo confeccionar cestos. Para elo, o CENTRAD pon a súa disposición unha plantación de 200 metros cadrados onde se atopan variedades de vimbio únicas na Comunidade, que só se cultivan en algunhas zonas de Cataluña e Castela A Mancha, e nalgúns casos, excepcionalmente en Francia e Inglaterra.

A Deputación conta cunha finca no Paseo do Rato onde se plantan exclusivos tipos de vimbio. Durante este xornada, os participantes pódano, e clasifícanno por cores e tamaño para, logo de que sequen, elaborar selectas pezas de cestaría.

En Galicia, a excepción deste obradoiro, non hai ningún curso onde se ensinen estas prácticas. Deste xeito, o organismo provincial aforrar cartos ós artesáns ó formalos para logo poder traballar unha plantación de vimbio propia, e ó facilitarlles un material que terían que mercar fóra da Comunidade.

Da mesma forma, o Centro de Artesanía e Deseño celebra un obradoiro de cerámica onde se imparten clases sobre o modelado a man de pezas decorativas e escultóricas. Trátase dun curso que comezou o pasado 1 de febreiro, e que se prolongará ata o vindeiro 22, no que están a participan unhas 10 persoas.

Exit mobile version