Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros organiza un campamento urbano para rapaces do 29 ao 31 de marzo

BARREIROS (FNC) .- O Concello de Barreiros organiza un campamento urbán destinado a nenos de 6 a 12 anos. Será os días 29, 30 e 31 de marzo nas instalacións do CEIP de San Miguel de once da mañá a sete da tarde.

O alcalde, Alfonso Fuente, acudiu esta mañá aos colexios para presentarlles aos nenos esta actividade. Os participantes disfrutarán de xogos cooperativos e de animación, dun circuito deportivo con deportes tradicionais e alternativos, mini-olimpiadas… e haberá tamén unha visita á Casa do Queixo.

O prazo de inscripción estará aberto ata o 18 de marzo. Os interesados poden anotarse nos CEIP de San Miguel e de San Cosme e na Oficina de Información Xuvenil. As prazas que se ofertan son 40 e cubriránse por riguroso orde de inscripción. Para ampliar esta información poden dirixirse ao teléfono 663 811 412.

O campamento urbán está organizado polo Concello de Barreiros e conta coa colaboración da Deputación de Lugo a través da Vicepresidencia Primeira-Área de Cultura.

Exit mobile version