Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela presentará o avance do PXOM como alegación ao Plan de Ordenación do Litoral da Xunta

BURELA (FNC) .- O Concello presentará o avance do PXOM como alegación ao Plan de Ordenación do Litoral da Xunta, segundo acaba de anunciar o alcalde ao remate da xuntanza mantida esta tarde pola comisión de seguimento do plan xeral. Alfredo Llano asegurou que “nos preocupa como lle afecta o POL a zonas de Burela como A Marosa, O Perdouro e Foxo, porque non se axusta para nada ao Plan Xeral de Ordenación Municipal”.

O rexedor sinalou que “antes de mandar esa alegación definitiva os técnicos de OTEA e do Concello solicitarán manter un encontro cos técnicos do POL para tentar unificar criterios e aproximar posturas. Pero está claro que alegar imos alegar e que o avance do PXOM será a nosa mellor alegación”.

A comisión de seguimento do PXOM voltará a reunirse antes de que remate o prazo de presentación de alegacións ao Plan de Ordenación do Litoral.

Exit mobile version