Site icon Crónica3.com A Mariña

O denominado cinto de Alcoa anunciado polo PP é un anuncio para a galería segundo o BNG

Nota de Prensa

O BNG DE CERVO CUALIFICA DE ANUNCIO PARA A GALERÍA A INICIATIVA POPULAR SOBRE O CINTO DE ALCOA

Si o PP quixera ser crible neste proxecto debería ter votado favorabelmente a emenda presentada polo BNG aos orzamentos 2010 para elaborar o proxecto

Os nacionalistas lembran que aínda querendo a cualificación urbanistica dos terreos non permitiria hoxe un proxecto destas características

Cervo, 15 de febreiro de 2010. O BNG saiu ao paso das declaracións do alcalde de Cervo en relación á aprobación dunha iniciativa para recuperar o proxecto do cinto industrial de Alcoa. Os nacionalistas desconfían da iniciativa que cualificaron de anuncio cara á galería, como adoita facer o o PP e como xa fixo durante anos con este proxecto que lembraron e recurrente dende o ano 2003 e nin antes, nin agora hai un só euro destinado a este fin.

Si esta iniciativa ten o mesmo recorrido que a anunciada no 2003 estará  abocada ao fracaso.

Os nacionalistas cervenses cualificaron de anuncio cara á galería a aprobación dunha iniciativa para recuperar o proxecto do cinto industrial de Alcoa, o BNG lembrou que deste proxecto lévase falando dende o ano 2003 e nin antes nin agora existe compromiso económico algún para a execución do proxecto. Estúa aludiu á pouca credibilidade do PP que tivo tempo de sobra para avanzar algo neste proxecto dende o 2003 e non o fixo.

Os nacionalistas lembraron que o PP votou negativamente unha emenda aos orzamentos da Xunta para 2010 que requiría a elaboración dun proxecto viábel.

Estúa avalou a inxistencia de compromiso real do PP co cinto industrial no feito de que o PP votara en contra dunha emenda nacionalista aos orzamentos da Xunta deste ano para a elaboración dun proxecto viábel para o cinto industrial, unha negativa que se volveu repetir no debate parlamentar de fai uns días. Para o nacionalista, de nada serve a aprobación desta iniciativa se non ten consignación orzamentaria polo que dixo non crerse nada dos anuncios dos populares.

O solo onde se pretendía a instalación do polígono non ten a normativa urbanística adaptada e o goberno local nunca fixo nada para facelo.

Os nacionalistas informaron que o goberno local tampouco fixo nunca ningún trámite para levar adiante este proxecto, neste sentido Estúa lembrou que o solo onde se pretendía situar o cinto industrial non ten a normativa urbanística adaptada para acoller esta infraestrutura e o PXOM en redacción dende o ano 2002 que si recolle como industriais estes terreos aínda ten moito camiño por diante para a súa aprobación definitiva.

Tal como estaba o proxecto poucos empresarios estarian interesados nos terreos polos elevados prezos que alcanzarían.

O BNG lembrou que o PP coñece a existencia de documentación que acredita a inviabilidade do proxecto tal como estaba elaborado pola costosa obra civil que requiriría, neste sentido o portavoz municipal nacionalista Xoán Estúa, preguntouse de que proxecto fala o PP, si do mesmo ou doutro novo xa que tratándose do mesmo podería estar abocado ao fracaso.

Exit mobile version