Site icon Crónica3.com A Mariña

O escudo preconstitucional do edificio de aduanas de Ribadeo vai ser retirado definitivamente

RIBADEO(FNC) .- O escudo preconstitucional do edificio de Aduanas será retirado de xeito inminente e definitivo. Así llo confirmou o Delegado Provincial da Axencia Tributaria, José Mª Núñez, ao rexedor Fernando Suárez no encontro que ambos mantiveron esta mañá.

O alcalde asegurou que “así se dará cumprimento ao que desde o Concello lle reiteramos tempo atrás e de acordo co disposto na lei da memoria histórica. No seu lugar van colocar un escudo constitucional, que represente a etapa democrática do Estado”.

Fernando Suárez xa reivindicara en varias ocasións hai anos que “ese escudo franquista, e por iso preconstitucional sexa retirado. Nun país europeo e democrático non debe haber espazo para símbolos totalitarios. A historia hai que conservala na memoria para non se volva repetir, pero non os símbolos de infausto recordo”.

Exit mobile version