Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo Portos de Galicia é viable abrir ao tráfico comercial o dique norte de Morás investindo 30 millóns de euros

SANTIAGO .- Cun investimento duns 30 millóns de euros, incluídos os accesos ao porto, e un prazo de execución de entre catro e cinco anos, estaría operativo o dique norte de Morás para buques de 222 metros de eslora, con calados de 12 metros, compatible cos usos de Alcoa, cunhas explanadas para usos portuarios duns 50.000 metros cadrados. Segundo se desprende dun estudio de Portos de Galicia e que ve viable a apertura  ao tráfico comercial do dique norte de Morás.

Nota de Prensa

ÁLVAREZ-CAMPANA: “A POSICIÓN DE PORTOS DE GALICIA E A CONSELLERÍA DO MAR É FAVORABLE A TODAS AQUELAS INFRAESTRUTURAS PORTUARIAS QUE PRODUZAN EMPREGO E RIQUEZA”

*
O informe de viabilidade sobre a apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás é viable segundo os resultados acadados
*
O obxectivo é o de aproveitar as infraestruturas existentes, que permiten en pouco tempo dispor de novas oportunidades de emprego e completar, neste caso, un dos núcleos industriais mais importantes de Galicia
*
Nos vindeiros días Portos de Galicia abordará o inicio das conversacións cos axentes implicados, a empresa Alcoa e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Ciprián, para darlle a coñecer oficialmente os resultados do traballo

Santiago, 25 de febreiro de 2009.- “A posición de Portos de Galicia e a Consellería do Mar é favorable a todas aquelas infraestruturas capaces de xerar emprego e riqueza”, así o manifestou esta mañán o presidente de Portos de Galicia na súa comparecencia na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, para explicar o contido, previsións e conclusións do informe de viabilidade sobre a apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás que elaborou ese organismo e deu a coñecer hoxe ao Parlamento de Galicia

O informe de viabilidade sobre a apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás é viable segundo os resultados acadados, e atraería tráficos comerciais xenerando ao mesmo tempo riqueza e desenvolvemento á Mariña lucense, fundamentalmente aos concellos de Xove e Cervo. Unha infraestrutura non competitiva cos demais portos, é dicir, non se crea a expensas doutros, senon xerando novas posibilidades no hinterland e conseguindo un efecto local multiplicador.

O obxectivo é o de e aproveitar as infraestruturas existentes, que permiten en pouco tempo dispor de novas oportunidades de emprego e completar, neste caso, un dos núcleos industriais mais importantes de Galicia cuns 1.200 traballadores e mais de 600 nas empresas auxiliares. Trátase, en definitiva, de aproveitar os complexos industriais actuais para traballar proactivamente e acadar mais espazos e mais oportunidades.

Nos vindeiros días Portos de Galicia abordará o inicio das conversacións cos axentes implicados, a empresa Alcoa e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Ciprián, para darlle a coñecer oficialmente os resultados do traballo realizado, dando resposta ao inicio das xestións do goberno de Galicia.

O actual dique de abrigo, actualmente inoperativo, pasaría a acadar, segundo o informe de viabilidade, unha infraestrutura para buques de 222 metros de eslora con calados de 12 metros compatible cos usos de Alcoa, cunhas explanadas para usos portuarios duns 50.000 metros cadrados. Acollería novos tráficos que poderían ser do orden de entre 500.000 e 950.000 toneladas de mercadorías. O presuposto provisional da construción desta infraestrutura é duns 30 millóns de euros, incluídos os accesos ao porto, e un prazo de execución de entre catro e cinco anos

Temos que lembrar que no mes de maio do pasado ano, Portos de Galicia comprometeuse na realización dun estudo que analizara a posibilidade da apertura do actual porto de San Cibrao ao tráfico comercial xerado na súa área de influencia, así como formular actuacións coordinadas para potenciar os tráficos e usos actuais no interior da dársena, de forma que poidan coexistir en harmonía o uso comercial do porto de Morás, cos usos deportivo e pesqueiro.

Exit mobile version