Site icon Crónica3.com A Mariña

Considera o PP que o reparto das subvencións da Deputación non é igualitario

NOTA DE PRENSA:

O GPPP detecta na concesión de subvencións excepcionais outro reparto sectario de fondos por parte da Deputación

* As 16 actuacións subvencionadas suman preto de de 2,8 millóns de euros, dos que só 129.000 euros, o 4,7 por cento, foron a parar a concellos gobernados polo Partido Popular

Lugo, a 10 de febreiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular afirmou hoxe que a Deputación concedeu durante o ano 2009 2.719.789,90 euros en subvencións directas de carácter excepcional a un total de doce concellos, dos cales só tres están gobernados polo Partido Popular. En total as actuacións subvencionadas son 16, das que únicamente catro correspóndense con municipios nos que gobernan os populares.

Na opinión dos populares, estas cifras, que poden constatarse no Boletín Oficial da Provincia do pasado día 6 de febreiro, son concluintes e constantan, unha vez máis, a actitude sectaria do bigoberno provincial.

Así, os tres concellos populares, concretamente Alfoz, O Corgo e O Valadouro, foron destinatarios de un total de 129.240,85 euros para esas catro actuacións, o que representa o 4’75% do montante total concedido. Pola contra, os restantes concellos, gobernados polo PSOE ou polo BNG, recibiron 2.590.549 euros, ou sexa o 95’25 por cento do importe global.

Máis concretamente, os concellos con goberno socialista, seis, reciben cartos para sete actuacións; e levaronse o 50’90%, o que supón 1.385.728’5€, e entre eles volve a estar Becerreá coma un dos beneficiados, xa que recibe financiación para dúas actuacións.

Dase a circunstancia de que os alcaldes dos concellos de Becerreá, Guitiriz, Monterroso, Castroverde, Viveiro e Sarria, destinatarios destas subvencións excepcionais, son todos eles deputados provinciais, o que demostra, en opinión do GPPP, ata que punto se está a usar por parte do goberno provincial a Deputación con afán clientelar e caciquil.

No que se refire ó BNG, tres concellos, Monforte, Pobra do Brollón e Riotorto, reciben fondos para cinco actuacións, das cales tres son para Monforte. En total perciben un total de 1.204.820,60 euros.

Exit mobile version