Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela asegura que “se fose necesario” presentaría alegación ao POL

NOTA DE PRENSA

O GMPP tamén estudia o Plano de Litoral.

Os populares consideran que o bipartito non é de fiar.

O PP asegura que o concello non mandou documentación sobre o POL demandada pola Xunta.

O PP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que tamén están a estudir o avance do Plano de Ordenación de Litoral, e que se fose necesario tamén presentarán alegacións.

Os populares lembran que o que a Xunta enviou ós concellos é un documento de traballo que para nada está  pechado. Tamén indican que a Xunta deulle a máxima publicidade a este importante documento, precisamente para facilitar que os interesados presenten as alegacións oportunas.

Os populares consideran que as manifestacións de Nieves Cando demostran que nin esta muller nin o alcalde son é de fiar: unha persona que calou a boca coa prohibición absoluta dos cincocentos metros, que ocultou información ós veciños de Foxo, e que mesmo chegou a aceptar chanchullos nas datas de saída de documentos do concello á Xunta sobre Foxo, non pode vir agora convertíndose en salvadora de non se sabe que.

Finalmente, indican que o que tén que facer o concello é traballar, cousa que non fan e deixarse de berrear. Algúns, afirma o PP, xa levamos tempo con este tema, e semella que a outros entroulles de repente a preocupación: pois xa iba sendo hora, porque queremos lembrar que desde o concello o alcalde non enviou certa documentación que a Xunta solicitou para demarcar as distintas afeccións que se poden aplicar ó noso termo municipal.

Exit mobile version