Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide recortar os gastos e apoiar as familias necesitadas

NOTA DE PRENSA:
O GMPP piden presupostos municipais para 2010 “xa”.

Os populares piden plan de austeridade, recorte drástico nos gastos diversos e apoio ás familias necesitadas.

Consideran que o bipartito “retrásase en facer os deberes”.

O PP de Burela afirmou hoxe no transcurso dunha nota de prensa que os prespostos municipais para 2010 deben ser presentados ó pleno da corporación “xa”, como dice Nieves Cando, porque a situación de crise económica e os cada vez maiores problemas que tén o concello fan preciso que canto antes queden fixados os criterios de distribución dos cartos de todos os veciños e veciñas do concello. De feito, por lo indicado deberían ter sido aprobados en Decembro. Agora xa levamos dous meses de retraso, retraso que coñecidos os tempos nos que se move o alcalde é curto.

Os populares consideran que debe haber tres grandes liñas de actuación dentro dos presupostos, e confían en que sexan tidas en conta polo bipartito: plano de austeridade, para reducir gasto corrente. Reducción drástica do capítulo de gasto diverso e da propaganda, que propicia o despilfarro e o derroche. E defensa dos sectores máis desfavorecidos a través unha liña de actuación a familias necesitadas.

O GMPP lembra que estas liñas de actuación veñen solicitándoas reiteradamente nos dous últimos exercicios presupostarios, sen que o bipartito fixese nada ó respecto. O único que fixeron foi seguir despilfarrando e gastando sen control, e así chegamos á situación á que chegamos: dous exemplos, as axudas dos corenta euros ainda están sen pagar, e só hai cartos para abonarlles ós clubes a parte de 2009 que lles corresponde nos convenios. Ademais, se seguen debendo cantidades superiores ós cen mil euros a SOGAMA e superiores ós trescentos mil euros á empresa da recollida de lixo. E por riba hai empresas de Burela ás que se lle adebedan máis de trinta mil euros.

Ademais, os populares consideran que ó estar prorrogados os presupostos de 2009 pode haber concelleiros que segan gastando alegremente, cando os ingresos de 2010 van ser mui inferiores ós de 2009. Os populares confían en que “ó bipartito lle dé un golpe de sentidiño, e comencen a facer as cousas racionalmente, porque nos dous últimos anos usaron os cartos de todos para a súa autopropaganda, e a rendibilidade pública foi igual a cero”.

Os populares alertan de que o capítulo de investimentos reais pode reducirse considerablemente. Tanto é así, que a día de hoxe só se están facendo investimentos derivados o Plano E e das axudas da Xunta. Fóra deso, nada de nada.

O GMPP considera que o bipartito “tarda en facer os deberes; pode ser debido a que o mestre non explica ben os conceptos ou porque non lle atenden e non lle fan caso, ou polas dúas cousas ó mesmo tempo”. Pero “tal retraso, unicamente resonsabilidade do alcalde, só perxudica ós intereses do conxunto dos veciños de Burela”. O PP calificaría como “un acto de irresponsabilidade a non presentación dos presupostos no pleno do presente mes de Febreiro, para o que quedan dúas semanas”.

Exit mobile version