Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz quere coñecer os pormenores da compra do Muíño en Fazouro polo concello

NOTA DE PRENSA:

O PARTIDO POPULAR DE FOZ SOSPEITA QUE O GOBERNO MUNICIPAL PUIDO PAGAR UN SOBRECUSTE POLA FINCA CHAMADA O MUIÑO EN FAZOURO

A compra foi autorizada por resolución da Alcaldía con data 29 de xaneiro de 2009 despois de que fora valorada en 30.000 euros polos técnicos do Concello de Foz según informou o Sr. Alcalde nalgúns medios de comunicación.

* A Alcaldía está negando a información solicitada formalmente polo PP ao respecto desta finca que ten previsto destinarse ao departamento estatal de Sostibilidade da Costa para que este organismo poida restaurar e continuar co paseo nas marxes do río Ouro.

* Os populares queren coñecer se o prezo inclúe as plantas madeirables de eucalipto que conten a finca e cal é o grado de afectación na súa superficie pola normativa autonómica e estatal de Costas e Aguas de Galicia, que reduciría o seu valor.

Foz, 26 de febreiro de 2010.- O Goberno municipal estaría a negar a información solicitada formalmente en data 27 de xaneiro polo Partido Popular de Foz ao respecto da valoración da finca o Muiño e Casa e Cortiñas de Alvariños, en Fazouro, adquirida recentemente polo Concello de Foz. Os populares sospeitan que o Executivo local que preside o socialista Jose María García Rivera puido pagar un sobrecuste por ela, tras ser valorada en 30.000 euros, abonados ao seu propietario por resolución da Alcaldía con data 29 de decembro de 2009.

Os populares, queren coñecer se para a valoración desta finca se tiveron en conta as plantas madeirables de eucalipto que nela existen ou se, pola contra, estes bens non forman parte do acordo de compra. Tamén queren saber cal é o grado de afectación que sobre a súa superficie establece a Lei de Costas e a normativa de Augas de Galicia, xa que se trata dunha finca ata a que chega a marea e polo tanto, está afectada por estas dúas administracións, o que reduce sensiblemente o seu valor, polas limitacións de dispoñibilidade e usos da finca.

A operación que está baixo sospeita dos populares xa se viña anunciando polos Sres. Cancio e Rivera desde abril de 2008, polo que pensamos que pode haber compromisos que se teñen que levar adiante, permitindo así a adquisición dun terreo cunha superficie total de 4.289 metros cadrados que agora pasaron a formar parte do inventario de bens municipais para ser destinados, segundo se explicou entonces, a uso público. Máis en concreto se prevé a súa cesión ao departamento estatal de Sostibilidade da Costa para que poida finalizarse o paseo marítimo nas marxes do río Ouro e restaurar este lugar.

… / …

… / …

SOLICITUDE FORMAL

Os edís do PP presentaron un escrito con data 27 de xaneiro do presente ano no rexistro municipal baixo número de entrada 364, despois de que en comisión preparatoria de pleno do 25 de xaneiro se dera conta por parte do Sr. Alcalde, da inclusión deste ben no inventario municipal, requirindo copia da valoración dos técnicos municipais ao respecto desta finca, así como un informe xurídico da secretaria municipal establecendo o grado de afectación segundo a Lei de Costas e normativa sobre augas autonómica correspondente. O obxecto final e verificar se que prezo efectivamente pagado se corresponde co seu valor.

Exit mobile version