Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro alerta do recorte no financiamento do concello por parte do Estado

NOTA DE PRENSA
A dirixente popular teme que se vexa aínda máis comprometida a feble situación económica municipal e que o recorte previsto repercuta na prestación de obras e servizos por parte do Concello.
A SENADORA GUEIMUNDE ALERTA: “VIVEIRO PERDERÁ 243.616,70 EUROS DE CONSUMARSE O RECORTE NO FINANCIAMENTO MUNICIPAL PREVISTO POLO GOBERNO SOCIALISTA DE ZAPATERO”

* O tixeirazo de ZP reducirá as transferencias do Estado nun 9,64%.

* A política popular denucia que a reducción tamén afecta ó FEIL e esixirá no senado explicacións sobre as demoras nos pagos ós concellos da provincia.

A Mariña,2 de Febreiro do 2010.- A senadora do Partido Popular, Maria del Carmen Gueimunde deu a voz de alerta despois de coñecerse que o Concello de Viveiro perderá 243.616,70 euros de consumarse o recorte no financiamento local previsto polo Goberno socialista de Zapatero. Mentres que no 2009 as transferencias do Estado ás arcas municipais ascenderon a 2.527.120,90 euros, no 2010 está previsto que esta cifra sufra unha notable diminución do 9,64%, reducíndose ata 2.283.504,20 euros.

A dirixente popular esixe unha rectificación do Executivo socialista central por canto temen que o devandito recorte comprometa aínda máis a xa de por sí complicada situación económica municipal, e repercuta na prestación de obras e servizos por parte do Concello.

Gueimunde sinala que a pesares da propaganda e de medidas chamados a caducar no tempo, como o publicitario Plan E, o certo é que o Executivo socialista central está a restar recursos aos concellos. As entidades locais vén como día a día mingua a súa capacidade orzamentaria. Unha asfixia económica pola que o Goberno socialista pretende facer pagar ás outras administracións a súa incapacidade na xestión da crise,e os seus erros en materia económica.

Exit mobile version