Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP afirma que é favorable a habilitar axudas para damnificados do sector pesqueiro polo temporal de xaneiro

Nota de Prensa

Grupo Popular tamén  propiciou outro acordo unánime para un maior control no tocante á verificación do cumprimento das condicións sociolaborais nas que desenvolve a súa actividade a flota de palangre de superficie

O PPDEG POSIBILITA UN ACORDO PARLAMENTARIO PARA VALORAR OS DANOS E BUSCAR A FORMULA MAIS AXEITADA PARA ARTELLAR AXUDAS AO SECTOR PESQUEIRO POLO TEMPORAL DO MES DE XANEIRO

* Para o  voceiro de Mar do Grupo Popular, José  Manuel Balseiro, “non podemos cometer o mesmo erro de xestión que o ocorrido co Klaus no que se habilitaron partidas que foron insuficientes”

* Balseiro Orol contrastou na súa intervención a “pronta reacción e dedicación” da Conselleira do Mar coa falta de interese de Carmen Gallego con respecto as riadas do 2006

* PPdeG é favorable  a habilitar unha liña de axudas aos damnificados polo temporal unha vez cuantificadas as perdas

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2010.- O PPdeG posibilitou hoxe o acordo na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento co fin de valorar os danos e buscar a formula mais axeitada para artellar axudas ao sector pesqueiro, marisqueiro e mexilloeiro damnificado polos efectos dos temporais sufridos en xaneiro de 2010 na nosa Comunidade. Para o voceiro do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro “non podemos cometer os mesmos erros de xestión que no Klaus no que se habilitaron partidas que resultaron insuficientes”. Na iniciativa final aprobada, consensuada por todos os grupos, tamén se engadiu que se fora preciso as axudas foran de caracter económico, financeiro e social.

Balseiro indicou na súa intervención que o temporal do pasado mes “puxo de relevo unha forma ben distinta de actuar” e contrastou a “pronta reacción e dedicación” da Conselleira do Mar, poñéndose en contacto cos representantes das zonas afectadas dende primeira hora e mobilizando todo un operativo de Gardacostas e Portos de Galicia , coa falta de interese e “desaparición do mapa de Carmen Gallego” respecto das riadas do 2006.

O voceiro do Mar defendeu habilitar as axudas facendo un uso eficiente dos recursos, realizando unha valoración previa dos danos, ver os bens afectados e cuantificar as perdas. O PPdeG tamén é favorable a habilitar unha liña de axudas aos damnificados polo temporal unha vez cuantificadas as perdas.

FLOTA DE PALANGRE DE  SUPERFICIE

O Grupo Popular tamén  propiciou un acordo unánime para una maior control no tocante á verificación do cumprimento das condicións sociolaborais nas que desenvolve a súa actividade a flota de palangre de superficie. Neste sector habitualmente os titulados náutico pesqueiros galegos son substituídos progresivamente por traballadores foráneos, cando chegan a portos estranxeiros, sen o mínimo control por parte das delegacións consulares españolas.

Os populares consensuaron con nacionalistas e socialistas un acordo final no que lograron introducir a través da transacción dunha emenda un emprazamento as delegacións do Ministerio de Asuntos Exteriores para que emitan as instrucións oportunas dirixidas a consulados e embaixadas. A idea final, segundo indicou o voceiro do Mar do PPdeG, é que estes organismos realicen un maior control no momento do despacho dos buques, verificando  o número de tripulantes españois que permanecen no barco, na entrada e na saída do porto, e o relativo ás cotizacións a seguridade social, salarios, titulacións e xornadas laborais.

O PPdeG tamén introduciu no acordo final unha referencia para que o Consello Galego de Relacións Laborais intermedie entre sindicatos e organizacións patronais do sector de palangre de superficie ao obxecto de impulsar un convenio colectivo.

Exit mobile version