Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere que os partidos da oposición expliquen o cambio de posición con respecto ao corredor da costa

NOTA DE PRENSA:
PSOE e BNG avalan uns orzamentos que, para o 2010, tan só contemplan 10.000 euros para o treito de competencia estatal desta vía, que une as localidades de San Cibrao con Barreiros
O PP DA MARIÑA EMPRAZA A SOCIALISTAS E NACIONALISTAS A EXPLICAR NAS SÚAS ASEMBLEAS AS RAZÓNS POLAS QUE DESDE O GOBERNO BIPARTITO PARALIZARON A VÍA DE ALTAS PRESTACIÓNS BARREIROS-FERROL

* Demándalles que dean contas das razóns polas que eliminaron dos orzamentos da Xunta bipartita a variante de Viveiro, cal é o motivo polo que non executaron as partidas presupuestarias dirixidas ao desenvolvemento desta vía e, non foron quen en catro anos de iniciar un só quilómetro das obras, na provincia de Lugo.

A Mariña, 12 de febreiro de 2009.- Tras o anuncio efectuado polo PSOE e BNG que veñen de convocar sendas asembleas para tratar a situación na que se atopa a Vía de Altas Prestacións (VAP) entre Barreiros e Ferrol, e para as que convidaron a diversos axentes sociais comarcais, o Partido Popular da Mariña empraza a ambas formacións políticas a que aclaren as razóns polas que desde o Goberno bipartito paralizaron esta infraestrutura

Así por exemplo, os populares piden ás antigas forzas do Goberno bipartito que expliquen como é posible que despois do ano 2006 a Xunta de Galicia, na que eles tiñan responsabilidade de Goberno, non consignara nin un só euro para a construción do treito coñecido como a “variante de Viveiro”.

Tamén consideran conveniente que socialistas e nacionalistas dean conta aos axentes sociais, e aos veciños en xeral, dos motivos polos que ano tras ano e pese a incluír partidas orzamentarias específicas para desenvolver esta vía, tampouco executaron estes fondos: Nin os 541.634 euros previstos no 2006, nin os 2,5 millóns de euros previstos no 2007, nin os 712.908 euros do 2008 nin, finalmente, os 6,8 millóns de euros que preveeron executar no 2009.

O PP quere que PSOE e BNG recoñezan a súa responsabilidade na parálise desta obra, “catro largos anos, os do bipartito, durante os que foron incapaces de construír un só quilómetro na provincia de Lugo”

CRONOGRAMA AXEITADO Á REALIDADE QUE ATOPARON

Finalmente os populares insisten en que a diferencia do acontecido na pasada lexisltarua, hoxe existe un cronograma de execución “realista” para desenvolver a VAP “que parte dunha análise certa da situación na que se atopou o PP ao chegar ao Goberno”. Ademais “en 10 meses este Goberno fixo moito máis que en catro anos de bipartito pola VAP, ao adxudicar o treito Celeiro San Ciprián –cun custe de 32,3 millóns de euros- e impulsar os trámites administrativos do resto do trazado”

10.000 EUROS PARA O TREITO DE COMPETENCIA ESTATAL

Os populares non comprenden é posible que mentres que PSOE e BNG pretenden dar leccións sobre a forma de impulsar o treito autonómico, acaban apoiando as contas estatais que tan só prevén 10.000 euros para o treito desta vía entre San Ciprián e Barreiros que é de competencia estatal.

Exit mobile version