Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE propón un calendario de traballo para acadar un acordo polo territorio

NOTA DE PRENSA:
OS SOCIALISTAS PROPOÑEN UN CALENDARIO DE TRABALLO PARA ALCANZAR UN ACORDO POLO TERRITORIO

-A portavoz socialista dixo que ano que este ano 2010 debería ser o ano da estabilidade, da seguridade xurídica e tamén o ano para alcanzar un amplo acordo político e social nos temas de urbanismo da nosa Comunidade

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2010. A portavoz do PSdeG-PSOE Mar Barcon propuxo hoxe, en rolda de prensa, un calendario de traballo para as institucións políticas para alcanzar un acordo polo Pacto polo Territorio, co obxectivo de poder abrir esa Ponencia non lexislativa, e a comisión de estudo para o seguimento do POL, para acadar unha redacción dunha nove lei. Ambos asuntos serán tratados mañá no Pleno da Cámara Autonómica.

Barcon intervirá mañá no Pleno, e anunciou que propoñerá ao Conselleiro de Medio Ambiente dar inicio aos traballos para acadar un pacto polo territorio na nosa Comunidade. Nese senso lembrou a misiva enviada polo Presidente Feijoo ao secretario Xeral dos socialistas galegos onde amosaba a súa disposición para acadar un acordo neste campo

A portavoz socialista dixo que ano que este ano 2010 debería ser o ano da estabilidade, da seguridade xurídica e tamén o ano para alcanzar un amplo acordo político e social nos temas de urbanismo da nosa Comunidade.

Dixo ademais que reclamara na primeira quincena do mes de abril que se constitúa a comisión de estudo “ na que deberemos da audiencia ao conxunto de axentes económicos e sociais, profesionais, institucións e administración locais para que acade unha serie de conclusións para redactar unha nova lei do solo”, asegurou.

Sobre o Plan de Ordenación do Litoral denunciou a falta de transparencia deste documento, así coma a difícil comprensión do mesmo. Sinalou que a propia redacción e o documento técnico, así como as liñas estratéxicas teñen que ser aclaradas e coñecidas polos Concellos, “xa que é fundamental porque despois as administracións locais teñen que traballar sobre el, para artellar os seus Planeamentos Xerais”, apuntou. Nese senso dixo que vai solicitar unha redacción distinta e unha clarificación dos documentos, e tamén reclamar que administración de Feijoo clarifique “en que areas de exclusión vai haber exclusión de actividades industriais, xa que este asunto non se precisa en ningún no documento”. Por último afirmou que dende o PSdeG-PSOE “vamos a intentar enriquecer no transcurso desa ponencia non lexislativa este documento do POL”.

Exit mobile version