Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama no Parlamento melloras para licitar as obras de acondicionamento da LU-124

Nota de Prensa

OS SOCIALISTAS RECLAMAN NO PARLAMENTO MELLORAS PARA PROCEDER A LICITACIÓN DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E MELLORA DA LU-124

– Piden que se invistan 2 millóns de € neste ano 2010 e a mesma cantidade nos seguintes, có obxecto de que esta infraestrutura de comunicación estea rematada e conectada coa autovía do Cantábrico no horizonte de 2013.

-Lembran o sentir unánime dos catro Concellos mediante as respectivas mocións plenarias que acordaron instar a Xunta de Galicia a realización destas obras

Santiago de Compostela,  9 de febreiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista, Pablo López Vidal , xunto con Ismael Rego e Ricardo Varela rexistraron diversas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclaman melloras para proceder a licitación das obras de acondicionamento e mellora da LU-124. O socialistas piden que se invistan 2 millóns de € neste ano 2010 e a mesma cantidade nos seguintes, có obxecto de que esta infraestrutura de comunicación estea rematada e conectada coa autovía do Cantábrico no horizonte de 2013.

Na iniciativa rexistrada reclaman acometer obras de acondicionamento e mellora nesta estrada que presenta serias dificultades para unha mobilidade segura e áxil. É preciso acometer as obras que melloren o seu trazado e que nun horizonte temporal razoable poida ser o eixo de comunicación destes concellos  coas redes transeuropeas de transporte que se están executando na nosa comunidade autónoma.

Sinalan tamén que esta infraestrutura de comunicación vai vertebrar esta catro concellos e a unha poboación de máis de 12.500 persoas que neles habitan. Pero tamén pode significar unha aposta clara pola Galicia interior, polo reequilibrio territorial e polo impulso decidido por unha zona do noso país que ven padecendo serias tensións demográficas.

Argumentan que os cidadáns de A Pontenova, Riotorto, A Pastoriza e Mondoñedo teñen dereito a disfrutar dun vial cómodo e seguro que lles permita conectarse entre si con normalidade e tamén acceder as grandes vías de alta capacidade que atravesan o interior de Galicia e nos enlazan tamén có exterior.

Lembran tamén  o sentir unánime dos catro Concellos mediante as respectivas mocións plenarias, acordaron instar a Xunta de Galicia a realización destas obras, é polo que o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

Exit mobile version