Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE solicita a Sanidade que informe da grave situación do Hospital de Costa

NOTA DE PRENSA:

REGO E MODESTO POSE SOLICITAN A COMPARECENCIA URXENTE DA CONSELLERIA DE SANIDADE PARA INFORMAR DA GRAVE SITUACIÓN QUE ESTA A ATRAVESAR O HOSPITAL DA COSTA, E AS MEDIAS QUE PENSA ADOPTAR AO RESPECTO

– O portavoz de sanidade Modesto Pose denuncia na iniciativa rexistrada que o gran incremento das listas de espera no Hospital da Costa d está empezando a ter importantes repercusións na poboación á que presta asistencia

Santiago , 11 de febreiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe, que rexistrou en sede parlamentaria, xunto co portavoz de sanidade do Grupo Parlamentario Socialista Modesto Pose, unha solicitude de comparecencia urxente para informar da grave situación que esta a atravesar o Hospital da Costa, e as medidas que pensa adoptar ao respecto. O Grupo Parlamentario Socialista rexistrou en total 3 iniciativas sobre este asunto, unha Pregunta en Comisión, comparecencia urxente e pregunta oral en pleno.

Rego lamenta a situación denunciada polos setenta facultativos do Hospital de Burela, e sinala que as súas queixas “demostran o peor dos escenarios no que sumiron os actuais responsables sanitarios esta infraestrutura”. Afirma que o Goberno de Feijoo esta promovendo un intento claro e descarado de promover a súa descapitalización.

Pola súa banda o portavoz de sanidade Modesto Pose sinala na iniciativa rexistrada que o gran incremento das listas de espera no Hospital da Costa da Mariña lucense está empezando a ter importantes repercusións na poboación á que presta asistencia. Advirte que numerosos usuarios se teñen dirixido ao Grupo Parlamentario Socialista para trasladar o temor a un deterioro irreversible no funcionamento do Hospital da Costa. Di que non nos sorprende, pero si nos inquieta o malestar e a preocupación que lle trasladan a Sra. conselleira setenta dos cen facultativos que compoñen o cadro de persoal do citado hospital, esperamos que polo ben de todos e todas non se converta en desánimo dos profesionais que son pezas fundamentais para garantir o bo funcionamento do Centro e a atención aos cidadáns da comarca.

Exit mobile version