Site icon Crónica3.com A Mariña

O secretario provincial do PP pregúntase que credibilidade poden ofrecer os dirixentes socialistas

Nota de Prensa

O PP considera que o PSOE está en proceso de descomposición coa afloración de numerosos conflictos internos

* Os populares amósanse preocupados polos efectos negativos que para os municipios afectados conlevará esta situación e pregúntanse qué credibilidade ponden aportar os seus dirixentes ós veciños deses concellos cando están a ver como cada día se están a desacreditar nos medios de comunicación

Lugo, a 11 de febreiro de 2010.- O Partido Popular de Lugo considera que o Partido Socialista atopase nun claro proceso de descomposición na provincia de Lugo a tenor da proliferación dos conflictos internos que están a xurdir en diferentes concellos da provincia.

O Secretario xeral dos populares José Manuel Balseiro considera que as disputas internas que paulatinamente están trascendendo á opinión pública en diferentes municipios da provincia, como son o caso de Lourenzá e Foz e máis recentemente o de Portomarín e Castroverde, poñen de manifesto a revolución existente no seo das filas socialistas.

Neste contexto, Balseiro Ourol pregúntase que credibilidade poden ofrecer os dirixentes socialistas ós veciños ós que representan cando están a ver, un día si e outro tamén, como se desacreditan uns a outros nos medios de comunicación.

Para Balseiro, resultan moi negativo para os intereses dos veciños dos municipios afectados que os membros dos respectivos equipos de goberno estén concentrados en resolver os conflictos internos e as disputas personalistas na vez de traballar en prol de acadar máis e mellores servizos e infraestructuras que redunden en beneficio dos concellos. Neste senso alerta dos perxuizos que a ingobernabilidade posta de manifesto nestes concellos poden derivarse desta situación.

Na opinión do Secretario xeral dos populares lucenses a proliferación destas loitas internas denota tamén unha clara falta de liderazgo do máximo responsable dos socialistas lucences Ricardo Varela e do seu equipo directivo para dirimir e solucionar estes conflictos.

Exit mobile version