Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia fará unha proposta de viabilidade a ENCE para que use o porto de Ribadeo

SANTIAGO .-Portos de Galicia enviará a fábrica de celulosa Ence unha proposta de viabilidade económica, técnica e loxística sobre o tráfico de pasta de papel polo porto de Ribadeo

Nota de Prensa

Un documento que foi elaborado en menos de tres semanas desde o seu anuncio polo presidente do organismo portuario

PORTOS DE GALICIA ENVIARÁ ESTA SEMANA A ENCE UNHA POTENTE OFERTA ECONÓMICA, TÉCNICA E LOXÍSTICA SOBRE O TRÁFICO DE PASTA DE PAPEL POLO PORTO DE RIBADEO

* O ente público fixo un esforzo importante nos traballos de redación da devandita proposta que representa un pulo decisivo para conseguir un transporte sostible, a un custo competitivo, garantindo a calidade do produto desde a factoría de orixe ata os diferentes destinos

Santiago, 24 de febreiro de 2010.- Portos de Galicia enviará esta semana a Ence unha proposta de viabilidade económica, técnica e loxística sobre o tráfico de pasta de papel polo porto de Ribadeo. Unha proposta que foi elaborada en menos de tres semanas desde que o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, na súa visita ao porto de Ribadeo, comprometera o envío deste documento a Ence co obxectivo de manter os tráficos de pasta de papel neste porto da Mariña lucense.

Desde o primeiro momento do compromiso realizado por Portos de Galicia, que non pretende controversias senón eficacia e eficiencia nos seus plantexamentos, o organismo portuario fixo un esforzo importante nos traballos de redacción da devandita proposta. Esta permitirá manter a confianza e aposta dos operadores do porto de Ribadeo nun futuro que se presenta moi interesante e representa un pulo decisivo para conseguir un transporte sostible, a un custo competitivo, garantindo a calidade do produto desde a factoría de orixe ata os diferentes destinos.

Ribadeo, polo tanto, segue a ser para Portos de Galicia a mellor alternativa, así o demostrará a proposta redactada, tendo en conta a súa situación, as características específicas das súas instalacións e a mínima manipulación dos materiais transportados por vía mar-terra.

Portos de Galicia pretende con esta proposta o mantemento dos movementos de pasta de papel de Ence dunha maneira competitiva, conservando os postos de traballo que dependen actualmente destas descargas, que son moitos, e convertendo a este porto e a calidade dos seus produtos nunha instalación con futuro que dinamizará esta zona.

Finalmente o organismo portuario agradece aos ribadenses a súa aposta e confianza polo mantemento das descargas a través do porto de Ribadeo tan importante para a economía da vila .

Exit mobile version