Site icon Crónica3.com A Mariña

Programa de Portos de Galicia para achegar os portos do Camiño aos cidadáns

SANTIAGO .- Portos de Galicia, ultima un programa de actividades denominado Portos Xacobeos que será incluído dentro dos actos programados para o Xacobeo 2010, e que será presentado oficialmente nos vindeiros días.

Sen desvelar todavía os datos fundamentais, Portos de Galicia adianta que este programa levarase a cabo nas instalacións portuarias que, desde o ente público se caracterizan como portos Xacobeos, é dicir, portos que pola súa situación dentro dos diversos Camiños de Santiago estean relacionados ou vencellados ao mesmo, ven pola súa situación de chegada de peregrinos como pola súa inclusión dentro do propio itinerario.

Portos vencellados aos Camiños do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa, en definitiva unha ducia de portos que formarán parte e se incluirán dentro deste programa dos Portos Xacobeos

Os concertos de música de cámara relacionada co camiño, concertos de pop e rock, exposicións, conferencias e, algunhas novidades mais, serán algúns dos actos que contan coa particularidade que na súa meirande parte serán levados a cabo nos propios portos elixidos para este proxecto.

O obxectivo deste programa de Portos Xacobeos é o de acercar os portos do Camiño aos cidadáns. Pretendese fundamentalmente dar a coñecer os nosos portos, a súa relación histórica co Camiño de Santiago programando unha serie de actos para os galegos e galegas de tal xeito que poidan participar neles ou ser espectadores, potenciando, ao mesmo tempo, as nosas instalacións portuarias e a súa vinculación histórica co Camiño de Santiago.

Exit mobile version