Site icon Crónica3.com A Mariña

Representantes de nove concellos formaran parte do xurado do “Domingo de Piñata” en Lourenzá

LOURENZÁ .- O Concello de Lourenzá limitará a circulación por diversas rúas para celebrar esta fin de semana o “Domingo de Piñata” cuio xurada estará composto por representantes de nove concellos de A Mariña

Nota de Prensa

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá, infórmase que na edición deste ano do Domingo de Piñata, vimos de confirmar a asistencia dos membros do xurado, que nesta ocasión pertencen ás áreas de Cultura dos seguintes Concellos: Vicedo, Mondoñedo, Xove, Cervo, Barreiros, Trabada, Alfoz, Abadín e Valadouro. Congratulámonos da variada procedencia do xurado, posto que nas últimas edicións vense constatando como unha fórmula para garantir a imparcialidade e obxectividade nas decisións adoptadas.

Por outra banda, dende o Concello faise pública a relación de cortes de rúas e estradas que, con motivo do mencionado Domingo de Piñata, se levarán a cabo na vila, que serían as seguintes:

* Ponte de Cuñas dende a saída do Mercado Gandeiro
* Avenida do Val, dende o cruce de Ponte de Cuñas
* Travesía da Mariña
* Praza Julia Minguillón
* Rúa Avelino Montero Villegas
* Rúa Doutor Rubiños
* Rúa Rego Vilazo dende o Campo da Feira
* Rúa Paseo de Oya

Asimesmo, prohíbese aparcar nas mencionadas, a partir das 12:00 horas,así como nas de Casas Novoa e Praza Linares. Trasládase a parada de autobuses durante esta xornada ata a Praza Julia Minguillón (xunto ao Bar Cabaleiros).

Infórmase tamén que quedan cortadas ao tráfico as estradas seguintes:

* de Lourenzá a Trabada ao seu paso por Vilanova (ata a pista que vai a Teixeira, por onde se desviará o tráfico dende o lugar da Pena, discurrindo por detrás do Mercado Gandeiro, ata a Tilleira, con saída á rúa Casas Novoa.
* a vía Lourenzá-Paraxes, dende Vilanova ata a Pena (co seu desvío correspondente)

Exit mobile version