Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo participou en Cataluña nunha reunión da Reserva da Biosfera

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, participou en Pont de Suert (Lleida) na xuntanza mantida entre a Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e a Asociación Alto Ribagorza.

Cupeiro manifestou que “foi unha reunión moi importante ainda que entre as dúas asociacións hai unha considerable diferencia presupostaria. Mentras eles reparten un orzamento de 5 millóns de euros anuais durante os vindeiros cinco anos, nós temos 2 millóns de euros ao ano. A pesares desa diferencia a estrutura e os proxectos que estivemos vendo poden ser interesantes. Movémonos polo territorio para comprobar o seu desenvolvemento, xa que eles levan funcionando desde o ano 2008”.

O edil nacionalista explicou que “a Asociación Alto Ribargorza está formada por 14 concellos, once aragoneses e tres cataláns. Están a desenvolver proxectos nunha zona de montaña, que pouco ten que ver coa nosa reserva, aínda que nós tamén temos zona de montaña e de aí poderíamos sacar ideas interesantes para levar adiante na Fonsagrada e na zona alta do noso territorio e despois habería que acoplar a parte de Ribadeo, Castropol e a zona media de A Pontenova con proxectos de deseño novo”.

No encontro celebrado en Pont de Suert “estivemos vendo desde o punto de vista administrativo os pasos seguidos para a sinatura do convenio correspondente, abríronnos vías para non cometer erros e para non dlitar máis todo o proceso. Tamén visitamos explotacións gandeiras, agrícolas, plantacións de árbores frutais e rutas de sendeirismo, que para esa zona de montaña e de esquí son moi importantes. A parte que máis nos interesaba ver era como fixeron co espazo radioeléctrico para dar cobertura en todo o entorno rural e esperamos camiñar rápido para empezar a desenvolver os proxectos que realizaremos desde a nosa Reserva da Biosfera”. A delegación que viaxou a Pont de Suert estivo formada por unha veintena de persoas entre as que se atopaban alcaldes, concelleiros de Medio Ambiente e técnicos.

Exit mobile version