Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo pecha as instalacións deportivas ata novo aviso polo temporal

O Concello de Ribadeo manterá pechadas todas as súas instalacións deportivas ata novo aviso. O edil Vicente Castro explicou que “todas as nosas instalacións quedan pechadas por mor do forte temporal de vento e auga que lle afectará a esta zona nas vindeiras horas e nos vindeiros días. Hai aviso de alerta vermella e vémonos na obriga de levar adiante esta medida de prevención”.

Exit mobile version