Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre a seguridade cidadá e as obrigas dun alcalde, máis argumentos

Miña nai querida, como se poñen algúns. Problema deles. Dá  a impresión de que a alguén non lle gusta que se fale de certas cousas, pero eu coido que precisamente a democracia radica en que se poida falar de todo (entenden?), tolerar todas as críticas (entenden ou non?), e sacar conclusións (non sacaron ningunha, verdade?) sobre o asunto a debatir. E a seguridade cidadá e o papel dun alcalde de cara a tentar garantir a mesma é un debate vivo en Burela, que coido non se debe rexeitar. E como estou seguro do que digo, imos coa segunda parte, porque quedaron cousas por decir, e o digo co meu nome e apelidos, que xa sei que a alguén non lle gustan nada, pero eu non me escondo porque non me dá a gana e aí radica a miña liberdade que ninguén me vai cohartar.

No meu artigo de opinión falaba das obrigas dun alcalde sobre este asunto: cumplir a legalidade vixente, artellar un mellor funcionamento dos recursos que se teñen, e asumir responsabilidades. Ratifícome punto por punto no dito. Facía algunhas aseveracións que non vou repetir, porque agora é cuestión de dar máis argumentos. En primeiro lugar, o concello de Burela tén agora dous policías municipais máis ca na etapa do PP no goberno municipal. Hai máis medios, polo tanto debe ser máis doado organizar os turnos. E se hai que reorganizar os turnos para tentar garantir certa marxe de seguridade, pois hai que facelo. Quen tén a competencia?, o alcalde. En segundo lugar, se hai outros medios de vixiancia, hai que usalos. Por exemplo, o PP puxo en ocasións ó turno das noites do fin de semana do GRUMIR a patrullar, eso sí, en labores de vixiancia e nunca de control, pois o protocolo indicaba que se detectaban problemas chamaran á Policía Local. Neste momentos non hai GRUMIR, é certo, pero hóuboo e vaino haber, e unha das súas funcións é a seguridade cidadá. A competencia é do alcalde.

En terceiro lugar, as queixas dos veciños, recentes, están aí, nos medios de comunicación, e non son inventadas, como non o foron nunca; non se lle ocurrirá a ninguén pensar que as impulsa o PP!!. Cando nós estivemos no concello, o presidente de algunha comunidade de veciños, afiliado ó PSOE, presentaba un escrito cada quince días no concello; non lle dou nin lle quito as súas razóns, que probablemente algunha ou moita tiña, pero comprenderán que ilustre así como algunhos fan as cousas. En cuarto lugar, ratifícome na falla de relacións do alcalde cos responsables dos locais: tanto é así que a reunión de onte foi convocada logo do meu artigo; ¡vaia, algo fixemos! Pero onde está a reunión da Xunta Local de Seguridade que se dixo se celebraría? Por certo, a reunión de onte, fóra da versión “oficial” e da foto, que era o que se buscaba, só serviu para que o alcalde lles dixera ós locais o que xa saben, que teñen que pechar á hora, que se revisarían os sonómetros, etc., que esto e que aquelo, pero, por exemplo, o alcalde non dixo nada sobre medidas acerca do botellón. É a súa responabilidade. E se alguén dubida do que fixo o PP, tres datos: normativa sobre medio ambiente na que viñan os niveis sonoros máximos admitidos nos locais nocturnos, obrigatoriedade da dobre porta, e obrigatoriedade de sonómetros homologados.

E agora dúas últimas cuestións. Eu decía que a propia actitude do alcalde, probablemente involuntaria, pero en todo caso neglixente, pode xenerar inseguridade. Pois alá van dúas perlas. Unha, acta da comisión informativa de persoal do pasado un deste mes, documento oficial do concello, transcripción literal: “O Sr. Pernas Chao pregunta ¿cantas noites do fin de semana houbo servizo de policía local con dous axentes de turno? O Alcalde resposta que ‘non o sabe’(!!!); houbo algunha baixa na Policía Local, normalmente os turnos teñen que estar feitos por dous axentes”. Xa se darán conta que os parénteses son meus, e que os comentarios sobran, queda todo dito. Responsabilidade, do alcalde.

Segunda perla: o pasado día 29 houbo un incidente de certa gravidade na biblioteca, que implicou chamar á Guardia Civil e á Policía Local. Xa sei que non é o primeiro, pero o certo é que no pleno de onte, xoves, ante unha pregunta do PP, o alcalde non dixo que medidas se ían tomar para tentar atallar o problema, que tamén sei que non é doado. Responsabilidade, do alcalde.

Ben, pois estes son máis argumentos acerca da posibilidade de que un alcalde, coa súa actitude, poida xenerar inseguridade cidadá. Toca reflexionar, creo eu. Estes son os meus argumentos, pero se non lles gustan ainda teño outros.

E por último, un consello ós que se esconden detrais das siglas dun partido, partido que como tal me merece respecto, e tamén a aqueles que coñecen o que se escribe e se agochan: preocúpense de dar argumentos e sobre de todo solucións, que para eso gobernan; prediquen co exemplo da tolerancia sin ser tan reaccionarios e sectarios (ben o necesitan, porque hai que ver como tratan a quen discrepa e non pensa coma vostedes), e nin se lles ocurra andar a gatas polo Monte Castelo cun facho de palla ardendo. Élles un bon consello, ainda que sobre gustos non hai nada escrito. Pero se queren seguir así, adiante, así van ben.

José María González Barcia

Exit mobile version