Site icon Crónica3.com A Mariña

Técnicos da Deputación definen os requisitos das 21 praias de A Mariña que disporán da ISO 14.001

LUGO .- Técnicos da Deputación están a definir no Vicedo, Burela, Foz, Ribadeo e Viveiro os requisitos legais que deben cumprir as 21 praias que disporán da ISO 14.001.  A Deputación  está a formar ó persoal na lexislación da UE que rexe a certificación medioambiental.

Nota de Prensa

A Deputación forma ós Concellos na lexislación europea que rexe a certificación medioambiental das praias

Trátase do EMAS, o regulamento máis prestixioso e estricto da Unión Europea en materia medioambiental

A Deputación  está a formar ó persoal dos Concellos da Mariña na lexislación da Unión Europea que rexe a certificación medioambiental do organismo provincial. Trátase da EMAS, o regulamento europeo máis prestigioso e estricto en materia medioambiental. Técnicos da Deputación están a definir no Vicedo, Burela, Foz, Ribadeo e Viveiro os requisitos legais que deben cumprir as 21 praias que disporán da ISO 14.001.

Esta é  a segunda fase do proceso de implantación da certificación medioambiental que está sufragado na súa totalidade pola Deputación, supoñendo un custe cero para os Concellos participantes.

Deste xeito, os traballadores do organismo provincial están a revisar a xestión de residuos, os servizos dos que dispoñen os usuarios, a documentación do equipamento e do persoal etc, asesorando os Concellos nas melloras e modificacións necesarias para lograr praias 100% sostibles. Para elo, a Deputación vén de elaborar un proxecto medioambiental consensado coa Demarcación de Costas, cuxas liñas de actuacións están delimitadas pola EMAS, para garantir a certificación medioambiental.

A iniciativa do organismo provincial establece 3 obxectivos: xestionar as praias como un verdadeiro servizo público; lograr unha tarxeta de presentación da provincia que estableza diferenzas, e facilitar o acceso a futuros fondos europeos grazas o cumprimento das normas comunitarias.

Na actualidade, só algúns areais da Coruña e Biscaia no norte, e praias puntuais da costa Mediterránea dispoñen da ISO 14.001. O organismo provincial quere con este proxecto converter á Mariña no referente turístico do noroeste de España

competindo co Mediterráneo.

Exit mobile version