Site icon Crónica3.com A Mariña

Zapatero agradece por carta ao alcalde de Ribadeo a dispoñibilidade para acoller nenos de Haiti

RIBADEO (FNC) .- O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, agradécelle ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a dispoñibilidade do Concello “para contribuir a garantizar la protección de los menores en Haití tras el terrible terremoto que ha asolado Puerto Príncipe”.

Na carta enviada ao rexedor o titular do executivo di que “la atención a la infancia en esta dramática crisis humanitaria constituye una de las preocupaciones centrales del Gobierno español, y una prioridad en las labores que la Cooperación Española está llevando a cabo en Haití”.

Rodríguez Zapatero remata comentándolle a Fernando Suárez que fará chegar unha copia da carta enviada polo Concello de Ribadeo á Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez, para que considere a mellor maneira de canalizar “su generosa disposición”.

Exit mobile version