Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG presentou unha campaña con motivo do “Día internacional da muller traballadora”

BURELA .- A CIG de A Mariña presentou en Burela a campaña “Reivindicamos o noso espazo na sociedade como mulleres, traballadoras e galegas” iniciativa que a secretaria da muller da organización sindical está a pór en marcha en todo o país con motivo do “Día da muller”

Reivindicamos o noso espazo na sociedade como mulleres, traballadoras e galegas!

As traballadoras que formamos parte da Confederación Intersindical Galega reivindicamos
a ideoloxía de clase que durante anos formou parte da conmemoración do 8 de marzo. Por iso
acompañamos o substantivo traballadora a esta data. Porque cremos que é bo recuperar da his-
toria colectiva o xermolo proletario que agora aparece esvaído e encuberto de tintes consumistas
propios do capitalismo.
Historicamente as mulleres rexistramos sempre niveis de paro superiores aos dos homes. Du-
rante décadas xustificamos as políticas de igualdade no emprego pola necesidade de equilibrar o
nivel de inserción laboral entre ambos sexos. No actual contexto de crise económica, os medios de
comunicación centraron as súas informacións nas elevadas taxas de paro padecidas polos homes,
baseando a súa información en que a destrución do emprego se centrou maioritariamente en sec-
tores masculinizados. De feito, a meirande parte das medidas de apoio ao emprego concentráronse
nos sectores da construción e do automóbil, deixando de lado o impulso do emprego feminino e a
protección do colectivo desempregado máis vulnerábel, que está composto maioritariamente por
mulleres. Aínda que é certo que o aumento do paro en 2009 afectou máis aos homes, a taxa de
paro segue a ser maior no caso das mulleres.
Nun contexto de crise e aumento do desemprego, é preciso activar todos os mecanismos
para protexer as traballadoras e os traballadores, pero poñendo atención a que nesa redución dos
cadros de persoal non se aumente a fenda da discriminación das mulleres no mercado laboral. Por
iso é preciso seguir pulando pola aplicación de políticas activas que permitan avanzar no emprego
feminino e reducir as discriminacións actualmente existentes.
A pesar do respaldo social que tivo a Lei de igualdade, o certo é que a traslación aos convenios
colectivosdasmedidasdeigualdadenonalcanzouavelocidadeprevistainicialmente.Nestecontexto,
a Administración galega non só non está a realizar os investimentos necesarios, senón que centra
os recortes orzamentarios precisamente nos programas relacionados co emprego, a igualdade e a
conciliación da vida familiar, laboral e persoal.
Non se traballa en reformas legais para fomentar a corresponsabilidade, como é o caso da
ampliación dos permisos de paternidade ou maternidade, mentres que se seguen a potenciar as
excedenciasporcoidadoeasreduciónsdexornada(senningúntipodeaxudaquecompenseabaixa
de salarios) e, pola contra, anúncianse novas medidas de fomento do emprego a tempo parcial.
Tampouco se fala das precarias condicións na que as mulleres están a desenvolver o seu traballo,
presionadas pola patronal para forzalas a abandonar os seus postos, creando un ambiente degradan-
te, intimidatorio e hostil. Ou as presións ás que someten as mulleres limitando ou imposibilitando o
dereito ao exercicio da conciliación da vida familiar, persoal e laboral, denegando incluso reducións
de xornada, permisos relacionados coa maternidade, protección do embarazo e a lactación, etc.
Porque as mulleres e os homes que formamos parte da CIG entendemos que a crise económica
non se pode empregar máis como escusa para reducir postos de traballo, e para non desenvolver as
medidas de igualdade adoptadas para frear a discriminación laboral e favorecer a conciliación. Por iso
nondebemospermitirqueseinstaletaménomedononosotraballoeposterguemoscalqueraactuación
quenonteñacomofinmanteroemprego,aíqueprecisamosqueasmullereseoshomesqueformamos
parte da negociación colectiva demandemos a aplicación de medidas de igualdade adoptadas para
rematar coa discriminación laboral e favorecer a conciliación, aínda en tempos de crise.
Así as cousas, as mulleres non podemos ficar caladas. Por iso loitamos unidas para dignificar as
nosas condicións sociolaborais e salariais, por superar as situacións de discriminacións que adoita-
mos padecer: precariedade, subemprego, contratos a tempo parcial, inactividade, temporalidade,
economía somerxida, desemprego, violencia, pobreza, dependencia, desigualdade, segregación
horizontal e vertical…
Deslexitimamos a división sexual do traballo, e apostamos por un modelo de sociedade formado
por persoas sustentadoras/coidadoras en igualdade, ao que deben ir orientadas as políticas públi-
cas, e non ao actual modelo que obriga as mulleres a volveren ao fogar a ocuparse do coidado de
familiares dependentes, ou ben a reducir a súa xornada para compatibilizala co coidado.
Neste sentido alzamos a voz a favor dos servizos sociais públicos, que en Galiza están sendo
desmantelados.
Denunciamos que seguimos topando cun teito de cristal que limita a nosa equiparación cos
homes, sobre todo cando queremos acceder a postos de liderado político, económico, social e
intelectual.
Denunciamos a explotación da dobre xornada. Porque seguimos a destinar moitas máis horas
ca os homes por xornada ás tarefas domésticas, de xeito que o fogar segue a ser o segundo centro
de traballo das mulleres, tarefas non remuneradas que nos impiden descansar do traballo realizado
fóra da casa.
Reivindicamos o noso dereito á sexualidade, ao control do noso corpo e a decidir libremente
sobre a nosa maternidade. E cando nos decidimos a exercela, que se garanta que non imos ser
discriminadas ao incorporarnos ao posto de traballo.
Denunciamos a invisibilidade do traballo das mulleres, xa que non se representa estatisticamente
a presenza feminina na forza laboral, dado que non se considera parte do produto o traballo da
muller que non chega ao mercado (aprovisionamento de bens para labores de reprodución no ám-
bito doméstico, educación, creación de alimentos, traballo de coidado e sanitario, etc.), ou porque
moitas delas fican aínda baixo o epígrafe da economía somerxida.
Somos conscientes de que para logralo é preciso fortalecer a nosa organización, sumando
mulleres ao noso proxecto sindical, reivindicando o noso espazo na sociedade, como mulleres,
traballadoras e galegas.

Exit mobile version