Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Facenda forma os empresarios de Lugo sobre as vantaxes da factura electrónica

SANTIAGO .- A Cámara de Comercio de Lugo acolleu hoxe un seminario, de carácter gratuíto, para formar aos empresarios sobre as vantaxes da factura electrónica, posta en marcha pola Consellería de Facenda para garantir o pago en 45 días.

O departamento autonómico programou 14 seminarios en distintas localidades galegas co fin de ofrecer ás empresas galegas unha visión clara, práctica e tanxible sobre a facturación electrónica. O técnico do Centro Informático para a Xestión Tributaria (CIXTEC), Jesús Sánchez, presentou hoxe o seminario na Cámara de Comercio de Lugo.

Durante o mesmo explicáronse todos os aspectos relacionados coas vantaxes da adopción da factura electrónica e os pasos a seguir para facelo da forma máis sinxela posible, ademais de resolver todas as dúbidas que esta formula no ámbito operativo e tecnolóxico. Expúxose tamén a vantaxe que supón utilizar este procedemento e as distintas solucións existentes para automatizar tanto a emisión como a recepción das facturas electrónicas.

Os asistentes puideron coñecer de primeira man os novos servizos e o funcionamento da plataforma que sustenta o rexistro electrónico de facturas (www.conselleriadefacenda.es/factura) dende que a factura entra na Administración a través do portal de entrada ata que se produce o seu cobro por parte do interesado.

Isto supón unha estratexia de modernización que simplificará trámites e aforrará custes garantíndose, por parte da administración, o pago das facturas en 45 días.

Exit mobile version