Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación de Xove tratará a aprobación provisional do PXOM

Xove .- A corporación municipal de Xove celebra sesión plenaria na que tratará a aprobación provisional do PXOM, un expediente de modificación de crédito por importe de 90.500 euros, catro mocións do BNG e tres mocións do PP. Tamén designará Xuíz de Paz substituto

REFERENCIA

CONVOCATORIA Da SESIÓN ordinaria Do PLENO  DE 15 DE MARZO de 2010.

Polo Sr. Alcalde, convócase sesión  ordinaria do Pleno Municipal, para o 15 de marzo de 2010, LUNS ás 19 horas, en primeira convocatoria, e no seu caso dous días despois en segunda convocatoria, baixo a orde do día que se sinala seguidamente:

* 1º) Aprobación dos borradores das actas de sesións anteriores de data 18 de xaneiro e 22 de febreiro de 2010.
* 2º) Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Xove. Aprobación Provisional. Adopción de acordo.
* 3º) Expediente de modificación de créditos do orzamento municipal de 2010, Nº 3/2010 por importe de 90.500´00 €. Aprobación Inicial. Adopción de acordo.
* 4º) Moción do BNG sobre a reforma do sistema de pensións. Adopción de acordo.
* 5º) Moción do BNG sobre a adhesión ao Manifesto Galicia ten dereito. Adopción de acordo.
* 6º) Moción do BNG sobre a gratuidade dos servizos de desinfección de vehículos de ctransporte de gando. Adopción de acordo.
* 7º) Moción do BNG sobre o 8 de marzo Día Internacional das Mulleres. Adopción de acordo.
* 8º) Moción do P.P. sobre o sistema de pensións. Adopción de acordo.
* 9º) Moción do P.P. sobre a adhesión ao Manifesto Galicia ten dereito. Adopción de acordo.
* 10º) Moción do P.P. de apoio ó recoñecemento oficial do Camiño do Mar como ruta de peregrinación xacobea. Adopción de acordo.
* 11º) Designación de Xuiz de Paz substituto. Adopción de acordo

* 12º)  Rogos e Preguntas.

Exit mobile version