Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación recibiu a Luis Tosar e a Julio Fernández, lucenses premiados nos Goya 2010

LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este mércores no Pazo de San Marcos ós lucenses Luis Tosar, gañador do Goya ó Mellor Actor, e a Julio Férnandez, Produtor e Presidente de Filmax, empresa audiovisual que se fixo cargo da distribución de Slumdog Millionaire, Mellor Película Europea destes galardóns.

Deste xeito, Luis Tosar e Julio Fernández, veciños de Cospeito e A Fonsagrada respectivamente, firmaron no Libro de Ouro da Deputación. Gómez Besteiro impúxolles ademais ás Insígnias de Ouro da provincia, distintivos honoríficos en recoñecemento ós seus traballos.

Deceas de alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, dependente da Deputación, e un gran número de medios de comunicación, acudiron á presentación pública do actor e do produtor. Durante á súa intervención, o máximo mandatario provincial fixo fincapé nas súas traxectorias profesionais, e incluso apuntou exclusivas anécdotas acontecidas durante a rodaxe de Celda 211 e nos inicios das súas carreiras en Lugo.

Pola súa banda, Julio Fernández agradeceulle ó Presidente ó galardón recibidos, e subliñou que “é un honor ser de Lugo e facer cine”. Da mesma forma, Luis Tosar salientou que “é un orgullo que a miña terra, onde comezei a miña andadura profesional, recoñeza o humilde traballo dun lucense”.

Recentemente, o Presidente da Deputación tamén recibiu ós lucenses María Hervera, guionista de Garbo, el hombre que salvó al mundo, Mellor Película Documental nos Goyas 2010; e a Arturo Vaquero, nominado á Mellor Canción Orixinal por Agallas versus Escamas nestes premios. Deste xeito, os catro lucenses partícipes na edición XXIV dos Goyas visitaron o organismo provincial logo da invitación de Gómez Besteiro.

Traxectoria profesional

Luis Tosar naceu en Xustás, no Concello de Cospeito. Comezou no campo das curtametraxes pero saltou á fama pola súa presenza na serie Mareas Vivas. Traballou con directores como Vicente Aranda, Jaime Chavarri, Gonzalo Tapia, Fernando León de Aranoa, Antón Reixa…etc. Recibiu, entre outros galardóns e recoñecementos, 3 Goyas: Mellor Actor de Reparto por Los Lunes al sol (2003); Mellor Actor por Te doy mis ojos (2004); Mellor Actor por Celda 211 (2010).

Julio Fernández naceu na Fonsagrada, e está considerado como un dos artífices da nova era da industria audiovisual en España. É Produtor e Presidente de FILMAX ENTERTAINMENT, unha das principais empresas do sector audiovisual de Espana. Ademais, é membro da Academia das Artes e das Ciencias Cinematrográficas de España; do Colexio Profesional de Audiovisual de Cataluña; da Federación de Asociacións de Produtors Españois; Conselleiro do Xunta Directiva de EGEDA

–Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores Audiovisuais-; Presidente de Honor do Cluster do Audivisual Galego…etc

Entre outros galardóns, logrou 3 Goyas: Filmax distribuiu a película Slumdog Millionaire, gañadora do Goya á Mellor Película Europea (2010); creou Nocturna, filme gañador do Goya á Mellor Película de Animación (2008); e fixo ademais Pérez, el ratoncito de tus suemos, traballo que tamén acadou o Goya á Mellor Película de Animación.

Exit mobile version