Site icon Crónica3.com A Mariña

A presidenta da Comisión de Agricultura do Parlamento organiza en Lourenzá unha charla sobre proxectos dinamizadores rurais

LOURENZÁ .- A presidenta da Comisión de Agricultura do Parlamento galego, Enma Álvarez, organiza en Lourenzá unha charla sobre proxectos dinamizadores das áreas rurais. Esta actividade está orientada a zona de A Mariña. Será  o luns, día 15, na Casa da Cultura.
Nota de Prensa

Terá  lugar o luns, día 15, na Casa da Cultura, coa participación do director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta, Antonio Crespo, e poderán asistir todos os interesados da comarca

A PRESIDENTA DA COMISIÓN DE AGRICULTURA DO PARLAMENTO, EMMA ÁLVAREZ, ORGANIZA EN LOURENZÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA PARA TODA A MARIÑA SOBRE AS SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS

Santiago, 6 de marzo de 2010.- Co fin de facilitar toda a información e solventar as dúbidas que poidan xurdir en relación coa orde de subvencións publicada o pasado mes de decembro pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, a presidenta da Comisión de Agricultura do Parlamento, Emma Álvarez Chao, está a organizar en Lourenzá unha charla informativa para toda A Mariña sobre as ditas subvencións.

A charla terá  lugar o luns, día 15, na Casa da Cultura, coa participación do director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta, Antonio Crespo, e poderán asistir todos os interesados da comarca. Con esa finalidade, escolleuse Lourenzá como lugar máis céntrico da comarca, ao obxecto de facilitar a asistencia de todos os posibles beneficiarios desta iniciativa.

Esta liña de subvencións enmárcase no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, aprobado pola Comisión Europea e que prevé medidas dirixidas á mellora da calidade de vida nas zonas rurais e á diversificación da economía rural, financiadas polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural, xunto cos fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración Xeral do Estado.

As axudas diríxense a subvencionar medidas de diversificación cara a actividades non agrarias, creación e desenvolvemento de microempresas, fomento de actividades turísticas, servizos básicos para a economía e a poboación rural e conservación e mellora do patrimonio rural.

Exit mobile version