Site icon Crónica3.com A Mariña

Realizaran obras de mellora nas rúas Arcadio Pardiñas e Celso Emilio Ferreiro en Burela co cargo ao Plan E

BURELA (FNC) .- O goberno do Estado déulle o visto bó á rehabilitación e enlace das rúas Arcadio Pardiñas e Celso Emilio Ferreiro. Trátase dun dos 11 proxectos presentados polo Concello dentro do plan E de 2010, os outros dez xa contaban co beneplácito da Administración central. O alcalde de Burela amósase satisfeito por esta confirmación.
Alfredo Llano explicou que “acabamos de recibir a última notificación coa que se confirman a totalidade das nosas propostas para o plan E de 2010. Deste xeito temos completado o que corresponde a cerca dun millón de euros, unha parte destinada a obras, medio ambiente e novas tecnoloxías e outra, uns 200.000 euros, a gastos sociais”.
O rexedor sinalou que “dentro desas obras xa está confirmado o proxecto para a rehabilitación e enlace das rúas Arcadio Pardiñas e Celso Emilio Ferreiro, unha obra moi demandada polos veciños e que se vai acometer o antes posible. En políticas sociais, os proxectos aprobados son: o programa complementario de estudios musicais na Escola de Burela, o programa de atención aos alumnos de educación primaria fora do horario lectivo (desprazamento, comedor escolar, piscinas…), o programa de cuidado a persoas dependentes e atención a colectivos de persoas en risco de exclusión social e o programa de atención ás familias”.
Llano asegurou que “todo esto ven confirmar todo o que temos solicitado. Estamos en contacto con empresas, publicitando as obras que queremos que dean comenzo o antes posible. Tentaremos que moitas se inicien no vindeiro mes de abril para estaren rematadas en xuño, antes de que entre en vigor a nova aplicación do IVA, ainda que algunha quedará para máis tarde debido á súa dificultade técnica”.

Exit mobile version