Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Xunta expresou a súa oposición a desenvolver os solos urbanizables”, asegura o BNG de Foz

Nota de Prensa

O BNG DE FOZ RATIFICASE NO REXEITAMENTO AO POL DESPOIS DA ENTREVISTA CON BOROBIO

Basanta afirma “que a Xunta expresou a súa oposición a desenvolver os solos urbanizables”

Foz, 25 de marzo de 2010.- O BNG de Foz, despois da entrevista mantida esta semana co Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, reforza a súa posición en contra do Plan de Ordenación do Litoral.

O máis destacado da entrevista é quizás a problemática que se plantexa no POL co desenvolvemento urbanístico nos núcleos rurais e nos solos urbanizables de Folgueiras e Tras As Torres-Llas. No primeiro dos casos, desde a Consellaría de Medio Ambiente non tiñan constancia dunha delimitación de núcleos no Concello de Foz e que ían a consultar coa Consellaría de Urbanismo. Esta situación é preocupante e enlaza co informe do arquitecto municipal que o BNG deu a coñecer hai poucos días no que se afirmaba cando se procedeu a aprobar a delimitación do solo de núcleo en 1990 e 1991 -no que Rivera formaba parte da Corporación- estábase a proceder a unha modificación do planeamento que non se axustaba a dereito. Desde o BNG esperamos que se aclare definitivamente a situación na que se atopa o planeamento municipal no que respecta á delimitación de núcleos pero o que non consideramos razoable é que a estas alturas non se recoñeza como núcleo de identidade máis que o casco urbano de Foz deixando fóra desta cualificación a núcleos costeiros importantes como Cangas, Nois, Fazouro, Forxán ou Marzán.

O que si quedou claro por parte do Director Xeral é a pretensión de non deixar desenvolver os solo urbanizables: con moita dificultade o de Folgueiras e practicamente imposible o de Tras As Torres-Llas. Respecto a este último a única posibilidade de desenvolvemento que a Consellaría deixou aberta sería a nivel de fachada e baixo condicións estrictas, é dicir, só se poderían desenvolver unha pequena parte: aqueles terreos máis próximos á Rúa Corporacións, á Rúa Atalaia ou á Rúa Pintor Laxeiro pero nunca toda a bolsa de solo urbanizable. Basanta opina que “quedou claro que a idea do PP desde á Consellaría é que Foz medre exclusivamente cara o Bispo Santo, cousa que por outra parte é unha das razón polas que nós rexeitamos esta plan.” Desta maneira, o nivel de afección desde a costa nesta zona será de máis de 500 metros. O BNG estaba no certo cando afirmaba que nas áreas de mellora ambiental practicamente non se podería facer nada e o propio Borobio cualificou a esta área como de protección.

A idea da Consellaría  é como o BNG xa ten informado aos veciños durante as charlas aprobar este plan inicialmente o día 15 de maio, día en que remata a moratoria de suspensión de licenzas para aqueles concellos que non teñen adaptado o planeamento á Lei de Solo, como ocorre con Foz. Polo tanto, está clara que a intención da Consellaría é continuar con esta plan a toda costa e non a de tomar en conta a realidade do país. Basanta deixa claro que “con esta Plan avalase o urbanismo á carta que se fixo nos últimos anos  e prexudicase aos que só pretenden facer unha vivenda para vivir”.

Exit mobile version