Site icon Crónica3.com A Mariña

As xornadas técnicas de Expomar analizarán as novas obrigas de control comunitario

BURELA (FNC) .- A concelleira do Mar, Remedios López Villar, asegura que desde o Concello e desde a Fundación Expomar “se está a traballar na organización das XVII Xornadas Técnicas Expomar 2010 que terán lugar os días 27 e 28 de maio no salón de actos de la confraría de pescadores de Burela, así como no XI Encontro Empresarial de Organizacións Profesionais de Armadores Expomar 2010 que será tamén o 28 de maio, no salón de actos de ABSA”.

A edil socialista explica que “aínda que tradicionalmente a celebración destas xornadas corría paralela á feira Expomar, estas adquiriron personalidade propia e diferenciada dentro do programa do evento. Isto foi debido tanto á importancia dos relatores e dos temas a abordar, como tamén do interese que suscitaron entre o sector e na prensa especializada. Cada ano propóñense temas de maior actualidade e controversia, contando cos relatores con responsabilidade na toma de decisións, o que xeralmente posibilita a resolución de problemas no sector”.

López Villar adianta que “este ano no borrador que se está a preparar os temas elixidos para o programa 2010 versan sobre As novas obrigas de Control Comunitario e os Apuntes sobre a Política Común de Pesca (PCP) e da Organización Común de Mercados (OCM). Estes temas foron elixidos polos máximos responsables en materia de pesca en Burela: un representante da confraría, un de ABSA, un da OPP Lugo, un representante da Xunta e dous do Concello de Burela, Alfredo Llano máis eu”.

Exit mobile version