Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o BNG que non comparte os actos de autobombo aos que o PP somete aos adxudicatarios das vivendas de Río Covo

Nota de Prensa

OS NACIONALISTAS SATISFEITOS DE QUE POR FIN SE ENTREGUEN AS VIVENDAS DE RÍO COVO NON COMPARTEN OS ACTOS DE AUTOBOMBO AO QUE O PP VOLVE SOMETER AOS ADXUDICATARIOS

E o PP quen ten que dar explicacións sobre o retrasos na execución e entrega destas vivendas que foron anunciadas polo goberno local en 2001

A recuperación dos actos públicos nunha entrega de vivendas sociais non e mais que o sometemento dos adxudicatarios á propaganda e autobombo do PP

Sería bo que o Conselleiro aproveitara a súa asistencia ao acto de entrega para anunciar novas vivendas sociais en Cervo

Cervo, 17 de marzo de 2010. O BNG mostrouse satisfeito de que por fin se faga entrega das vivendas sociais de Río Covo que foron executadas pola anterior Consellaría de Vivenda e Solo en 2005, 4 anos despois de que o goberno municipal as anunciara en 2001. Os nacionalistas lembran que a anterior Consellaría de Vivenda e Solo abriu o proceso de adxudicación provisional en decembro de 2006 e o goberno municipal, responsábel deste trámite, aínda non tiña resolto este proceso  en abril de 2008. A adxudicación definitiva foi resolta pola Comisión de Vivenda en abril de 2009, aínda polo anterior goberno galego, e tiveron que pasar 11 meses para que se entreguen aos seus adxudicatarios. Para o BNG os responsábeis dos retrasos na entrega das vivendas están claros, catro anos para o inicio da construción, dous para adxudicación e case un para a súa entrega, suman oito anos nos que o PP no goberno da Xunta, no goberno local e finalmente na Xunta tiveron a responsabilidade de adiantar todo o proceso.

A satisfacción pola entrega destas vivendas non se corresponde cos actos de autobombo co que o PP somete aos seus adxudicatarios.

Os nacionalistas cervenses non comparten a recuperación por parte do Partido Popular dos actos públicos na entrega de vivendas sociais, anulados polo anterior goberno galego. O BNG satisfeito de que por fin se faga entrega das chaves das vivendas sociais de Río Covo, “matizan que este tipo de actos de entrega non debería producirse xa que aos adxudicatarios non se lles regala nada, cúmprese coa responsabilidade social dunha administración pública na construción de vivendas a prezo taxado que deberán pagar os seus adxudicatarios”. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, acusou ao Partido Popular de pretender atribuírse méritos que non lles corresponden a conta duns adxudicatarios despois de ter oito anos parado o proceso de construción e adxudicación”

O único mérito do PP nas vivendas de Río Covo está  na cesión dos terreos, mais tamén ten o demérito de atrasar a súa entrega durante oito anos.

Estúa lembrou que foi o goberno local quen anunciou a construción destas vivendas en 2001 e ate o cambio de goberno en 2005 non se iniciou a súa construción pola anterior Consellaría de Vivenda e Solo, que xa en decembro de 2006 notificou ao concello que debía abrir o proceso de preselección, e este tardou dous anos en inicialo. O nacionalista incidiu na crítica ao retraso na adxudicación ao lembrar que entre a posterior adxudicación definitiva en abril de 2009 e a entrega o vindeiro luns pasou case un ano no que o PP xa estaba ao mando do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Para Estúa “o único mérito do PP nestas vivendas está na cesión dos terreos á Xunta, mais tamén ten o demérito de retrasar o proceso de construción e entrega definitiva durante oito anos”

Sería unha boa noticia que Agustín Hernandez aproveitara o acto de entrega para anunciar novas vivendas de promoción pública

Para o BNG sería unha boa noticia que Agustín Hernandez, Conselleiro de Medio Ambiente e Territorio, que acudirá á entrega das vivendas sociais de Río Covo aproveitara para anunciar a novas vivendas sociais en Cervo. Para Estúa, con este anuncio daríase cimprimento a compromisos electorais do concelleiro e Parlamentar cervense, José Manuel Balseiro, que as estivo reclamando durante os últimos anos ao mesmo tempo que comprometía como Tte de Alcalde cervense, a cesión de terreos para a súa construción.

Exit mobile version