Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros asinará un convenio con Medio Rural por importe de 100 mil euros para arregar camiños

BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga asinará o luns 15 de marzo en Lugo co conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, un convenio por importe de 109.000 euros para arreglar camiños rurais.

Fuente Parga suliña que “cáseque a totalidade destes camiños están situados na zona sur do concello, nas parroquias de Cabarcos, San Xusto, e outras”. O rexedor afirma que “esto é unha mostra máis de que o equipo de goberno do Concello de
Barreiros, está a traballar en conseguir as partidas económicas para
investimentos no noso concello, e que a Xunta de Galicia está a cumplir cun Concello que estivo castigado polo bigoberno de PSOE e BNG”.

Resposta a Ismael Rego

Por outra banda, o alcalde de Barreiros non entende porque Ismael Rego lles quere tan mal aos veciños de Barreiros. Alfonso Fuente sinala que “os veciños do noso concello pagan impostos igual que os dos demais municipios da nosa comunidade, pero ao señor Ismael Rego non lle gusta que a Xunta de Galicia
gobernada polo Partido Popular decida investir cartos en facer obras en Barreiros. A Xunta de Galicia, inviste no noso concello mais do que fixo o anterior goberno autonómico en catro anos, na que estaba de portavoz o señor Rego, pero o que pasaba é que daquela, este señor estaba en Santiago e viña pouco pola Mariña e agora que está maís libre pode ver como a Xunta do Partido Popular está a facer o que eles non fixeron en catro anos, pero non sólo en
Barreiros, senón que hai que destacar que hai uns dias a Xunta de Galicia firmaba un convenio co Concello de Foz para millorar o saneamento, ou en Viveiro para reparar unha ponte, entre outras cousas”.

O rexedor manifesta que “o señor Ismael Rego dedícase a criticar ata aos seus compañeiros de partido en Barreiros, pero iso pasa por que este señor non ten que vivir a realidade dun concello que polas decisións dos conselleiros do Partido Socialista, houbo moita xente que perdeu o seu posto de traballo, tiveron que pechar as suas empresas, ou mesmo non puideron cobrar as fincas que
tiñan vendidas.  A Ismael Rego non lle gusta nada do que fai o Partido Popular, porque agora dase conta que era o que tiña que ter feito él pola Mariña, e por iso levamos catro anos perdidos”.

Exit mobile version