Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros investirá 200.000 euros na mellora de camiños

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros asegura que este ano se van investir 200.000 euros na mellora de camiños municipais e dille a Lara Méndez que o convenio asinado entre Concello e Deputación só é para proceder á roza das estradas, non para cambiar aglomerado e tapar as fochas.

Alfonso Fuente amósase sorprendido tras as declaracións realizadas por Lara Méndez, vicepresidenta segunda da Deputación, “cando di que o Concello firmou un convenio para arranxar as estradas e ademais recoñece que é por importe de 8.000 euros. Con eses cartos pregúntolle si ela é capaz de facer os aglomerados neses viais porque teñen todas as carreteras provinciais en Barreiros cheas de fochas e sen nada. A estrada de San Xusto ten as cunetas cheas de terra, está o aglomerado todo desfeitoe a auga das cunetas vaise para a estrada dificultando a circulación”.

O rexedor de Barreiros explícalle “a Lara Méndez o que di o convenio ao que ela se refire porque teño a carta que me envía este ano a Deputación para saber si queremos firmar outro convenio para este 2010, e comprométenos al desbroce mecánico o manual de maleza por ambos márgenes de la carretera, afectando a paseos, cunetas y taludes completos incluso podas de ramas de árboles hasta dejar un galibo libre de cinco metros en todo el ancho de la carretera y retirada de ramas de las cunetas y taludes. E ese é o traballo que fai o Concello rozar as cunetas, en ningún sitio di limpar a terra das cunetas, limpar as bocas das tajeas nin tampouco mellorar o aglomerado e as fochas que ten esta estrada”.

Fuente Parga recoméndalle a Lara Méndez que “volva ler o convenio e que cada pao aguante a súa vela e eso de cargar contra os alcaldes está moi mal. Nós o que pedimos é que arranxen as estradas e se non o queren facer que destinen partidas económicas aos Concellos e xa nos encargaremos nós de realizar ese traballo, porque nós si estamos todos os días ao lado dos veciños. Parece mentira que as estradas estean como están e teñamos que aguantar esto… dicir que cun convenio para rozar as estradas de 8.000 euros tamén teñamos que facernos cargo o aglomerado e a mellora deses viais é incrible”.

O alcalde de Barreiros asegura que “en Barreiros si que estamos a arranxar as estradas, onte deixamos lista unha vía alternativa de saída á N-634 nun tramo de quilómetro e medio e nestes meses se van investir máis de 200.000 euros nos camiños municipais e resulta que a Deputación o único que di é que firmou un convenio para rozar as cunetas por 8.000 euros co Concello, xa o fixemos, xa o certificamos e temos que dicir que a Deputación xa o pagou tamén e tivemos que facer ese convenio porque senon chegábamos aos meses de xullo e de agosto e as estradas estaban sen rozar porque a Deputación non o facía. Tivemos que firmar para facelo nosoutros, adiantar os cartos á empresa que realiza o traballo e logo esperar que a Deputación nos pagara”. Alfonso Fuente considera que “hai que estar para traballar e para facer as cousas e non para criticar aos alcaldes que democraticamente fomos elixidos polo pobo”.

Exit mobile version