Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros prepara as praias para a ponte de San Xosé e da Semana Santa

BARREIROS (FNC) .- O Concello prepara e limpa as praias para que os turistas que se acheguen a Barreiros na ponte de San Xosé e en Semana Santa gocen e atopen os areais nas mellores condicións posibles. Esta fin de semana xa haberá voluntarios velando pola seguridade dos visitantes.

O alcalde, Alfonso Fuente, sinalou que “esta semana en Barreiros iniciamos xa a limpeza nas praias, a posta a punto da nosa costa dado que temos a ponte de San Xosé e logo xa ven a Semana Santa e si o tempo segue así recibiremos a un montón de visitantes no noso concello”. O rexedor lembrou que “estes traballos vímolos realizando desde hai anos, limpando os paseos, rozando toda a costa e retiramos todos os residuos que deixar o mar nas praias ao longo do inverno”.

Fuente Parga anunciou que “tamén para esta fin de semana e para a Semana Santa contaremos xa con algúns voluntarios que velarán pola seguridade nas praias para aquela xente que decida bañarse e tamén contaremos cunha embarcación para actuar rapidamente en caso de que se produza algún problema. De todos os xeitos aqueles que decidan meterse na auga, que teñan en conta que este servizo se presta a través de voluntarios, entón que o teñan sempre presente”.

Exit mobile version