Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela premia cunha viaxe de fin de semana aos gañadora da campaña “Ti podes dar vida, aforra auga”

BURELA (FNC) .- A familia de Clotilde Pastor López é a gañadora da terceira campaña Ti podes dar vida, aforra auga posta en marcha polo Concello para promover un uso racional da auga. O xurado reuníuse esta mañá no Concello de Burela.

A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, lembrou que “en marzo de 2009 o Concello de Burela puxo en marcha a III edición do programa de acción Ti podes dar vida, aforra auga, co obxecto de promover unha cultura cidadá do uso racional da auga. Segundo as bases que rexen o programa de acción, a Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela en colaboración con Viaxes Terramar comprometéronse a recompensar cunha estancia dunha fin de semana no Parque Natural dos Picos de Europa a aquela unidade familiar que realizase un maior esforzo en xestionar axeitadamente a demanda de auga no seu fogar”.

No día de hoxe reuniuse o xurado, do que forman parte, a técnico de Medio Ambiente, o alcalde, a concelleira de Medio Ambiente, un representante da Asociación de Veciños O Vencello, un representante de Viaxes Terramar e a secretaria do Concello de Burela. A edil socialista explicou que “unha vez revisada a documentación en poder da Oficina de Medio Ambiente do Concello de Burela, constátase que podían optar ao premio o 36% das unidades familiares inscritas. Tamén se conclúe que o 24,24% das familias participantes conqueriron unha redución no consumo de auga no fogar. A familia que logrou unha maior diminución no consumo de auga foi a de Clotilde Pastor López, que reduciu o consumo de auga no 2009 nun 21 % con respecto ao ano 2008”.

O informe de Medio Ambiente recolle que o 12,50 % das familias acadaron reducións con respecto ao seu consumo superiores a 90 días, constatándose os seguintes máximos e mínimos: A familia número 8, co factor de redución mínimo, acadou reducir o consumo equivalente á súa demanda de auga correspondente a oito días. E a familia número 19, co factor de redución máximo, acadou reducir o consumo equivalente á súa demanda de auga correspondente a 98 días. Do mesmo xeito, o 62% das familias que reduciron a demanda de auga no seu fogar verificaron un aforro económico derivado do custe do servizo da auga no rango de 10 a 20€,  cos seguintes máximos e mínimos: A familia número 10, que acada a menor redución do custe anual do servizo, cunha variación de – 0,27€. E a familia número 19, que acada a maior redución do custe anual do servizo con unha variación de -15,43€.

A análise do consumo de auga da familia nº 19, que é a gañadora da campaña, amosa os seguintes resultados: a demanda de auga diaria no 2009 foi de 183,56 litros/día, o que supón 61,19 litros por membros da unidade familiar. Se todos os veciños de Burela acadasen unha taxa de consumo semellante á desta familia poderían satisfacerse nas mesmas condicións as necesidades diarias de auga de 12.542 veciños máis.

Por outra banda convén resaltar o esforzo xeral da poboación burelesa de cara a facer un uso sostible da agua, constatándose que: o valor acadado en 2009, iguálase ao valor galego correspondente ao 2007 e é 5 litros inferior ao valor estatal da mesma data.

Exit mobile version