Site icon Crónica3.com A Mariña

Calcula o PP de que a Consellería de Traballo investiu 2,7 MILLÓNS de euros na Mariña

NOTA DE PRENSA
O Diario Oficial de Galicia fai pública no día de hoxe a  relación do concellos beneficiarios destes programas de fomento da ocupabilidade das persoas desempregadas
BALSEIRO SALIENTA QUE TRABALLO INVESTIU  2,7 MILLÓNS DE EUROS NA MARIÑA EN  OBRADOIROS DE EMPREGO

* Mondoñedo, Vicedo, Xove, Foz e Lourenzá foron os concellos beneficiarios nesta convocatoria

A Mariña, 26 de marzo de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol explicou que o Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe, venres 26 de marzo de 2010, a relación do concellos beneficiados polas axudas e subvencións para a posta en  marcha de programas de escolas obradoiro ou obradoiros de emprego.

Segundo o establecido na devandita publicación as achegas da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar) recibidas pola nosa  comarca ao abeiro da  orde de 2009 ascende a 2.732.785,2 euros segundo o seguinte desagregado:

Concello de Mondoñedo:

1. 548.402,40 (ano 2009)

Concello do Vicedo:

2. 242.562,60 € (ano 2009)
3. 245.212,20 € (ano 2010)

Concello de Xove:

4. 274.201,20 € (ano2009)
5. 277.196,40€ (ano 2010)

Concello de Foz:

6. 274.201,20 € (ano 2009)
7. 277.196,40 € (ano 2010)

Concello de Lourenzá:

8. 295.293,60 € (ano 2009)
9. 298.519,20 € (ano 2010)

MELLORA DA EMPREGABILIDADE

As escolas obradoiro e obradoiros de emprego, se conciben como programas mixtos de formación e emprego que, promovidos polos concellos ou outras entidades sen ánimo de lucro, están dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas maiores ou menores de vinte e cinco anos, segundo proceda, a través da súa cualificación profesional. Ademais son unha ferramenta para a adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

Malia que a orde de convocatoria destas axudas publicouse en xaneiro de 2009, foi o Goberno do Partido Popular de Galicia quen  resolveu o expediente e otorgou as correspondentes axudas aos concellos.

Exit mobile version