Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebra o BNG de Barreiros que o alcalde negocie o arranxo de acceso a San Caetano

NOTA DE PRENS (FNC)

O BNG CELEBRA AS NEGOCIACIÓNS QUE O ALCALDE ESTÁ A MANTER CON COMSA PARA ARRANXAR O VIAL DE ACCESO A SAN CAETANO. ANTONIO VEIGA LEMBRA QUE ÉSA FOI A PROPOSTA QUE LLE FIXERON A ALFONSO FUENTE TANTO ELES COMA OS VECIÑOS EN NOVEMBRO DE 2008.

Barreiros, 4 de marzo de 2010. O BNG celebra as negociacións que o alcalde está a manter con COMSA para proceder ao arranxo do vial de acceso a San Caetano que resultou danado hai ano e medio. Antonio Veiga lembra que ésa foi a proposta que lle fixeron a Alfonso Fuente tanto os veciños como o Bloque en novembro de 2008.

O portavoz do BNG en Barreiros sinala que “a noticia que nos salienta o alcalde de que vai a negociar coa empresa constructora da autovía para que repare o vial de San Caetano é a mesma proposta que o BNG lle fixo al rexedor dentro desa comisión de seguimiento que él mesmo disolveu, aí lle propuxemos eso que foi o mesmo que lle plantexaron os veciños da asociación de Celeiro de Mariñaos, que negociara e que falara coa empresa para que fixese esa reparación. Estamos a falar de novembro de 2008, que foi cando se produciu o derrube e cando se constituiu esa comisión, e aí dixemos en máis dunha ocasión que tiña que ser a empresa a que se encargase dese arranxo polos medios que ten e por estar alí moi próxima”.

Antonio Veiga lembra que “o alcalde se negou a incluir nesas demandas que preparamos para trasladarlle á empresa constructora este arrando. Queremos recalcar que por parte de COMSA sempre houbo moi boa predisposición e así o atestiguan tamén os veciños de Celeiro. Non entedemos a postura do alcalde nalquel momento e agora ano e medio despois parece ser que non encontra outra saida. Nós sabíamos que esa inversión duns 20.000 euros, agora o alcalde fala de 18.000, era moi importante para o Concello e que non a podía facer. Si eso se saca adiante agora parécenos ben, pero non hai que esquecerse de que os veciños pasaron ano e medio de incomodidades e eso é culpa única e exclusivamente da cabezonería do alcalde, Alfonso Fuente, porque para tomar esta decisión puido telo feito hai ano e medio e tíñamos un problema solucionado”.

Prioridades

Desde o BNG tamén aluden ao investimento previsto para este 2010 nas estradas do concello. Antonio Veiga manifesta que “agora tamén di que se van investir 200.000 euros na rede viaria local, menos mal que recoñece que esa rede está peor que nunca. E nunca tan mal estivo porque non se fai o mantemento que se lle debe facer ás estradas, porque o importante dunha infraestructura non é a súa construcción senón o seu mantemento. Co persoal que move o Concello (ao que se destina o 60 ou o 70% do orzamento) non se optimizan os recursos humanos. Hai un concelleiro de Obras e ainda hoxe non entendemos moi ben a súa función porque a función del será organizar eses recursos humanos e non poñerse él a funda e ir facer o traballo. Terá que planificar e organizar a todo o persoal de obras. Agardamos que eses 200.000 euros sexan desta consellería ou da anterior se invistan optimizándoos ao máximo. Imos propoñerlle no vindeiro pleno debatir cales son as prioridades do Concello, ao mellor eses cartos hai que investilos no mantemento desas pistas e non na construcción ou nun asfaltado puntual que nada soluciona”.

Exit mobile version