Site icon Crónica3.com A Mariña

Celta Prix iniciou as labores de limpeza dos areais de Burela, anuncia o delegado de Obras e Servizos

BURELA (FNC) .- A empresa concesionaria da limpeza e recollida de lixo, Celta Prix, iniciou esta semana as labores de limpeza dos areais de Burela. Segundo anuncia o responsable de Obras e Servizos tamén estes días se procede ao lavado dos contenedores de recollida de lixo na vila.

Segundo explica Pascual Doménech “ante a sucesión de temporais de choiva, vento e precipitacións constantes padecidos na tempada de inverno intensificáronse os traballos de limpeza. A adversa climatoloxía padecida dende o mes de novembro, está obrigando á realización de traballos intensivos para a retirada de lixo e restos arroxados ou desenterrados polas mareas e a oleaxe nas praias de O Portelo, A Marosa e Ril”. O edil socialista suliña que “aparte dos restos habituais como plásticos, madeira, neumáticos, caixas de peixe ou redes de pesca, estanse a atopar verquidos de escombros e restos de obra, polo que dende o Concello se fai un chamamento ao comportamento cívico para manter as nosas praias en condicións óptimas e dignas e para que o seu valor siga medrando de cara a renovar o distintivo de bandeira azul e conseguir a certificación ISO 14001 de xestión medioambiental. En definitiva, debemos tomar conciencia da contaminación que pode afectar á nosa costa e sensibilizarnos na protección do noso litoral, no cal todos os bureleses temos un papel que xogar”.

Ao longo desta semana tamén se está a proceder en Burela ao lavado de contenedores de rsu. O concelleiro de Obras e Servizos manifesta que “a recollida de residuos sólidos urbáns complementase co lavado de contenedores que garantice a aplicación de tratamentos de limpeza periódicos, de tal modo que o contenedor ubicado na vía pública non sexa un foco de suciedade e de malos olores”. Pascual Doménech conta que “o sistema que se emplea na actualidade é o lavado interior do contenedor mediante a combinación de caudal, temperatura e presión de aplicación de auga. Acompañando ao vehículo de recollida de residuos vai o lavacontenedores, para así atopalos vacíos e para que o ciclo de lavado sexa eficaz. Para proceder ao seu lavado exterior, e logo de contactos con outros concellos, atopámonos co hándicap do alto custe que conleva e a baixa productividade obtida, máis o Concello de Burela mantén conversas e negociacións con Celta Prix para atopar un sistema eficaz que nos permita manter un parque de contenedores de recollida de residuos en perfecto estado”.

Baches

O edil de Obras sinala tamén que “logo da mellora das inclemencias meteorolóxicas, e despois dun duro inverno que afectou sobre maneira e deteriorou rúas cun alto volume de tráfico, o Concello de Burela emprendeu de maneira urxente o tapado de baches nas zonas máis afectadas. Isto permitirá que Burela recupere o aspecto que todos desexamos e que as súas rúas estean en óptimas condicións para o tráfico que redundarán en beneficio de todos os veciños”.

Exit mobile version