Site icon Crónica3.com A Mariña

Dezaseis bares e restaurantes de Burela participarán do 19 ao 21 de marzo na “II Xornada gastronómica do ourizo

BURELA (FNC) .- Dezaséis bares e restaurantes participarán do 19 ao 21 de marzo na segunda xornada gastronómica do ourizo que organiza a Delegación de Mar.

Segundo explica a edil socialista, Remedios López Villar, “quixemos facer coincidir esta cita coa ponte de San Xosé. Os que se acheguen a Burela poderán probar este sabroso equinodermo preparado de diferentes formas: en paté, en croquetas, con fabas, en revolto e arroz, en pementos de piquillo e incluso en filloas”.

Os establecementos participantes son: A Bodeguilla, Palacio de Cristal, Os Remos, Sargo, Mesón Don Jamón, Mesón Carlos, O Poeta, A Facenda, Orxal, Botafumeiro, Trisquel, Mesón Hamilton, Cervexería Kiko, Parrillada A Marquesa, Parrillada de Jandro e Casa Miranda.

A concelleira de Mar asegura que “estamos a traballar favorecendo o comercio e dando a coñecer os nosos productos, todo de xeito gratuito para os interesados nestas xornadas. Repetíndoas ano tras ano tentamos consolidalas e incrementar o número de participantes”. Remedios López salienta “a boa disposición dos hostaleiros con estas xornadas, de feito neste caso contamos con tres máis que o ano pasado. A idea é que todos se impliquen e participen nestas citas gastronómicas coa idea de mellorar e potenciar o evento”.

Exit mobile version