Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregaron en Ribadeo os premios do concurso de fotografía “Olladas de inmigrantes”

O primeiro premio foi para Alexandra da Costa Alves de Brasil.

RIBADEO (FNC) .- Esta tarde foron entregados no salón de plenos do Concello os premios aos gañadores do concurso de fotografía Olladas de inmigrantes. A responsable da Oficina de Atención do Inmigrante, Ana Mª Prieto, sinalou que “tres foron as elexidas como gañadoras por consideralas como as máis creativas, divertidas e que máis se exustaban ao obxectivo do concurco, que consistía en visibilizar aspectos positivos e negativos da integración desde a súa perspectiva de inmigrantes que residen en Ribadeo”.

O primeiro premio foi para Alexandra da Costa Alves de Brasil. Na súa foto a autora expresou que “ se trata de tres destinos que se cruzan en Ribadeo. Un de Uruguay e dous de Brasil. Os pés da loita diaria para sobrevivir nun novo mundo, nun novo país, éste é o noso único destino, a loita e o esforzo para conseguir unha vida mellor”.

O segundo premio correspondéulle a Humberto Emanuel Ferreira Franco de Portugal, que na foto explica que “despois de percorrer varias cidades españolas e non conseguir asentarme en ningunha, cheguei a Lugo e alí recomendáronme Ribadeo, por ser un pobo solidario do que non me queda ningunha dúbida. Reflexo disto é a axuda que recibín dos veciños e dos servizos sociais do Concello que me axudaron a resolver a miña situación”.

E o terceiro premio foi para Natalia Stefany Vicente de Oliveira de Brasil, que na súa foto reflicte “o comenzo da cidade de Ribadeo, a ponte é o símbolo de tódolos cidadáns porque é como si representase a ida e a volta”.

Exit mobile version